Os volcáns: lume e auga.

O equilibrio do noso planeta depend do ciclo da auga. O 70% da superficie terrestre está cuberta de auga. De non existir esta, o sustento das especies que habitamos nela tampouco sería unha posibilidade. Aínda que a simple vista, as erupcións volcánicas non parecen gardar relación algunha co fluxo da auga pola Terra, o certo é que moito teñen que ver os volcáns ca auga, e viceversa.

A composición gasosa dos volcáns é considerablemente variable, aínda que a maioría presenta subsancias semellantes. Non é sinxelo atopar as mesmas proporcións de vapor, dióxido de carbono ou dióxido de xofre en volcáns distintos. O vapor de auga é, entre os gases volcánicos, o máis abundante. Normalmente, abarca máis do 60% da emisión gasosa total; mentres o dióxido de carbono pode significar dende un 10 ata un 40% das emisións. Ámbolos dous gases de efecto invernadoiro.

 

Geyser en erupción

Outra conexión entre a auga e os volcáns son os geyser. Trátase de fontes termais que emiten periódicamente unha columna de auga quente e vapor ao aire. O calor que producen estas erupcións coincide coa orixe da expulsión de magma ou rocha fundida cara ao exterior da codia terrestre que ocorre nos volcáns. As altísimas temperaturas quentan as placas máis superficiais. O material hirviendo penetra en determinadas rexións da codia, as máis susceptibles, avanzando de cara ao exterior, e quentando ó seu paso a área litoral cercana. No caso dos volcáns o magma sae á superficie, xunto con gases e vapor, mentres nos geyser intervén só H2O a elevadas temperaturas nas emisións.

As erupcións volcánicas non ocorren só en placas continentais. As profundidades oceánicas tamén contan co seu relieve de actividade magmática. Nestes casos, o material proveñente do interior da Terra sae da codia de cara ó mar. Así, o magma enfríase rápidamente. As baixas temperaturas do fondo mariño contrastan coas do semilíquido fluído volcánico. Os gases ascenden rápidamente á superficie, e xeran grandes movementos da auga ao ser liberados á atmosfera. O magma quente tende a ascender cara á superficie, e, ao solidificarse co enfriamento, haberá xordido, por actividade volcánica submariña, unha nova illa.

Auga e rochas conviven na ecosfera da que todos formamos parte. Esta coexistencia, rexida en gran media polo comportamento do interior da terra, repercute na atmosfera. Os volcáns participan no ciclo da auga como liberadores de vapor, así como os geyser, que ademáis emiten auga líquida á superficie. Por outra parte, de non ser por estar situados nos océanos, as erupcións volcánicas nunca darían lugar a illas. Magma e H2O, “lume e auga” cumplen papeis complementarios necesarios, e o seguirán facendo, pois así o fixeron dende antes que o ser humano entendera sequera de onde proviñan tales fenómenos adversos.


Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta