Xulia é filla, neta e bisneta de labregos, e gustaríalle que os seus fillos seguisen traballando as terras, pero cada vez escoita falar máis do cambio climático e das súas consecuencias. A Xulia gustaríalle saber se poderá seguir producindo millo e se os seus descendentes tamén poderán seguir con esta produción e en caso negativo, gustaríalle saber que podería cultivar.
Para axudar a Xulia cos seus problemas comezamos definindo que é o cambio climático e cales son as súas consecuencias. O cambio climático son modifcacións do clima con respecto ó historial climático nunha escala global ou rexional, e que afecta a todos os parámetros meteorolóxicos: temperatura, presión atmosférica, nubosidade, etc., que está principalmente causado pola acción humana e trae con el graves problemas como fenómenos meteorolóxicos extremos e un aumento das temperaturas o que provoca máis sequía e o desxeo dos glaciares e polo tanto, unha subida no nivel do mar.
Xulia que é produtora de millo, tamén quere saber se os seus descendentes van poder seguir con esta produción nos vindeiros anos, pero se o cambio climático segue así, as precipitacións serán cada vez máis escasas (reducíndose nuns 77mm cada década) e como o millo necesita unha gran cantidade de auga para medrar, a súa produción verase seriamente afectada para saír adiante e, ademais, non sairía nada rentable cultivar este cereal, xa que diminuiría notablemente a cantidade de millo que recolle por hectárea sementada e por conseguinte, tamén se reducirían os seus beneficios. Deste xeito, debería adicarse á produción de produtos coma os garavanzos que precisan pouca auga para medrar adecuadamente, e así conseguiría facer rentable o seu negocio de novo.
A verdade é que, día a día, os efectos do cambio climático vanse facendo cada vez máis evidentes pero, aínda así, hai moita xente que non lle dá importancia ou que simplemente non se preocupa por facer pequenos xestos para axudar a frear este cambio, e se seguimos así, cando queiramos facer algo para evitalo, xa non haberá volta atrás.