O efecto invernadoiro é o termo co que se alude ao compartamento da atmosfera terrestre actuando como unha cuberta protectora e transparente, que lembra o vidro dun invernadoiro. Deixa pasar a radiación solar pero dificulta a perda de calor, incrementando así a temperatura do aire que nos rodea.
A radiación solar que chega á Terra segue tres camiños:
O 30% é reflectido pola atmosfera ou pola superficie terrestre e devolta ao espazo exterior sen que o noso planeta se quente neste proceso. É o que se coñece como albedo.
O 19% é absorbido polas nubes e outros compoñentes atmosféricos.
O 51% restante é absorbido pola superficie terrestre (continentes e océanos) que incrementa así a súa temperatura. A superficie “devolve” esa enerxía que absorbeu pero en forma de radiación infravermella, de calor. Os gases de efecto invernadoiro absorben a radiación infravermella, quenta o aire e dificultan a emisión de calor cara ao espazo exterior.
Que a atmosfera obstaculice a emisión da radiación infravermella cara ao exterior non significa que esta radiación non acabe saíndo. Existe un equilibrio entre a enerxía solar que chega á Terra e a enerxía térmica emitida cara ao espazo exterior. Se non fose así, a temperatura do noso planeta non deixaría de aumentar.
Como todo na vida, o efecto invernadoiro tamén ten dúas caras, ten cousas boas e cousas malas, as cales podes ver a continuación.
Beneficios do efecto inveradoiro:
Un dos principais beneficios que presenta o efecto invernadoiro é o de manter unha temperatura media de 15º C, grazas a cal pode haber vida no planeta terra. Sen este efecto a terra estaría conxelada e toda a auga en estado sólido. Afortunadamente e como a Terra é capaz de reter a calor, este quenta a auga e parte dela evaporarase e máis tarde se condensa formando as nubes e as precipitacións dando lugar ao ciclo da auga, co cal a auga no mundo nunca se chegara a esgotar.
William Ruddiman afirma que os gases de efecto invernadoiro xerados pola agricultura impediron o comezo dunha nova glaciación.
Efectos negativos do efecto invernadoiro:
O efecto invernadoiro estáse vendo acentuado na Terra pola emisión de certos gases, como o dióxido de carbono e o metano, debido a actividade económica humana e en consecuencia disto:
Aumenta a temperatura media do planeta, 2ºC cada dez anos, debido a isto o xeo dos casquetes polares comeza a derretirse e como consecuencia poderase incrementar o nivel do mar uns 4-6 m, provocando inundacións en zonas preto da costa ou mesmo a desaparición de pequenas illas.
Tamén habera impactos nos ecosistemas de tundra, bosques boreais e rexións montañosas pola súa sensibilidade ao incremento da temperatura; nos ecosistemas de tipo Mediterráneo pola diminución das chuvias; naqueles bosques puvliales tropicales onde se reduzan as precipitacións; nos ecosistemas costeiros.
Co efecto invernadoiro tamén se vería afectada a agricultura en latitudes medias debido a diminución das precipitacións. Tamén se vera afectada polos cambios da época de precipitación, onde estas serán torrencias, e polas longas épocas de sequía, debido as olas de calor que se produciran. Polo que o tempo no que os productos agrículas son plantados debera cambiar, e habera moitos productos que antes se cultivaban e agora xa non se poderan cultivar.