CAMBIOS CLIMÁTICOS DO PASADO
Ao longo da historia da Terra houbo innumerables cambios climáticos.
Durante o precámbrico:
O primeiro deles foi unha glaciación chamada huroniana, que foi causada por unha diminución dos principais gases invernadoiro desa época. Máis tarde no Neoproterozoico producíronse as glaciacións máis intensas da historia da Terra que tamén estiveron causadas pola diminución brusca dos gases invernadoiro.
Durante o paleozoico:
Unha nova glaciación ao final do Ordovícico xeou Gondwana (o continente máis grande que compoñía Rodinia) por completo.
Ao final do Carbonífero houbo unha nova Glaciación na que se produciron enormes transgresións e regresións mariñas durante toda esa época que afectou ao 85% das especies mariñas e ao 70% dos vertebrados terrestres, producida seguramente polo choque dun meteorito e enormes e continuas erupcións volcánicas que cambiaron o clima.
Durante o mesozoico:
Hai 208 millóns de anos, Pangea comezou a fracturarse. Crese que os gases expulsados produciron cambios na composición atmosférica e no clima. O vulcanismo afectou ao 80% das especies, e probablemente facilitou a chegada dos dinosauros, que dominarían a Terra durante os seguintes cen millóns de anos.
Durante o cenozoico:
Descenso da temperatura global que provocaría o aínda remanente “período neveira” consistente na conservación de mantos de xeo abundante ao longo de todas as estacións. A última glaciación no hemisferio Norte iniciou hai 115.000 anos, na zona de Canadá.
Cara ao ano 1350, Europa entrou nunha pequena idade de xeo. Case todos os cambios climáticos dos últimos mil anos estiveron relacionados coa variación da luminosidade do sol e a desaparición das súas manchas.
O CAMBIO CLIMÁTICO ACTUAL
A queima de petróleo, carbón e gas natural causou un aumento do CO2 na atmosfera que ultimamente é de 1,4 ppm ao ano e produce o conseguinte aumento da temperatura. Estímase que dende que o home mide a temperatura hai uns 150 anos (sempre dentro da época industrial) esta aumentou 0,5 °C.
Ademais do dióxido de carbono, existen outros gases de efecto invernadoiro responsables do quentamento global, tales como o gas metano, óxido nitroso, Hidrofluorocarbonos, Perfluorocarbonos e Hexafluoruro de xofre.
Os últimos anos do século XX caracterizáronse por posuír temperaturas medias que son sempre as máis altas do século.
Rachel Kyte, vicepresidente para Desenvolvemento Sostible do Banco Mundial anunciou no ano 2013, que o custo económico polos desastres naturais aumentou catro veces dende 1980.
Ademais todo apunta a que a velocidade deste cambio climático xeral acabará sendo unhas dez veces máis rápida que a de calquera outro acaecido nos últimos 65 millóns de anos.
O CAMBIO CLIMÁTICO NO FUTURO
Moitas das zonas climáticas actuais desaparecerán por completo para o ano 2100 e serán substituídas por climas agora descoñecidos.
Entre as zonas que se verán máis afectadas figuran dende rexións moi poboadas, como o sueste de Estados Unidos, o sueste asiático e partes de África, ata coñecidos puntos de biodiversidade como a selva do Amazonas.
As áreas cálidas terán temperaturas máis altas no futuro e as zonas frías tamén terán climas máis cálidos polo que os sistemas que coñecemos na actualidade variarán por completo.
O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA
O mar podería invadir parte do interior do litoral español en 2100 por efecto do cambio climático e do desxeo no Ártico. Segundo un informe presentado por Greenpeace apúntase que o noso país será un dos principais afectados en Europa por un aumento das marusías ciclónicas e por unha suba do nivel do mar. Tamén que terá que adaptar os edificios e mellorar as súas defensas costeiras.
Un estudo recolle que a combinación do desenvolvemento de infraestruturas, a erosión da cousa e as defensas marítimas pode conducir a un ‘estreitamento’ das zonas costeiras e a que desaparezan algúns sistemas dunares. As zonas sinaladas con maior risco están no mar do Norte, a costa da península Ibérica e a baía de Biscaia.
Así, a perda de litoral afectaría a localidades como Marbella ou San Sebastián, aínda que sería máis acusada nas zonas de costa do Atlántico como é o caso de Galicia e nos arquipélagos.
Cada aumento dun centímetro do nivel do mar equivale a perder un metro de praia, polo que se se cumpren o completo desxeo do Ártico provocaría un aumento de sete metros do nivel do mar e a consecuente regresión de 700 metros de praias.