ORGANISMOS TRANSXÉNICOS
QUE SON ??
O concepto de organismo pode empregarse como sinónimo de ser vivo, xa que fai referencia ó conxunto dos seus órganos coas súas respectivas interrelacións. Transxénico , pola súa parte, é un adxectivo que sinala aquilo que foi alterado a partir da incorporación de xenes externos. Polo tanto, un organismo transxénico (organismo modificado xeneticamente, OXM) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xenes. As técnicas de enxeñería xenética consisten en illar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (virus, bacteria, animal, vexetal) para introducilo no material hereditario doutro.
O primeiro alimento xeneticamente modificado autorizado para o consumo humano foi o tomate Flav Savr, en 1994. Este tomate derramábase máis lentamente que o convencional, o que permitía ós agricultores recollelos cando estiveran maduros, en lugar de antes de alcanzar a madurez, coma os tomates convencionais. Sen embargo, resultou un fracaso comercial.
Un dos casos máis relevantes por a súa repercusión positiva para a saúde é a xeración do chamado arroz dourado, que ten un alto contido en vitamina A, e destínase a aquelas poboacións con déficit nesa vitamina debido a dietas moi restrinxidas en legumes, alimentos de orixe animal e froitas.
Os alimentos transxénicos que máis se comercializan son de cultivos vexetais, o millo , o algodón…
COMO SE PRODUCEN ??
- Extráese o ADN de cada un dos cromosomas da planta.
- Extráese un xene doutro organismo coa proteína que nos interesa implantar.
- Mediante enxeñería xenética clónase, modifícase, e fragméntase o xene.
- Introdúcese no ADN da planta sen causar dano á célula.
- Podemos consumir alimentos con máis vitaminas, minerais, proteínas e menores contidos en graxa.
- Aumento da produción.
- Diminución dos custos en agricultura.
- Cultivos máis resistentes, polo tanto non se usan tantos produtos químicos, o que supón un aforro económico e menor dano no medio ambiente.
- Son resistentes ós herbicidas.
- Son tolerantes a ambientes inadecuados, como a seca.
- Consérvanse mellor.
- Produción de fármacos e vacinas.
- Control de enfermidades virais.
- Resistencia a insectos.
- Sempre pode haber un rechazo fronte a un xene estraño.
- Pode que os xenes non desenvolvan o carácter da forma esperada.
- Poden chegar produtos transxénicos sen etiquetar ós mercados.
- Existe risco de hibridación.
- Resistencia aos antibióticos.
- Riscos medioambientais.
- Aparición de alerxias.
- A etiquetaxe aparece nun tamaño minúsculo o que crea unha dificultade para ó lector.
Primeiramente, o tema deste artigo paréceme moi interesante. Cando entramos nos supermercados das nosas vilas atoopámonos cunha gran variedade de alimentos e marcas, e un gran número de xente pensa que tanto da un coma outro. Isto non é así, dende logo, e por iso penso que é importante falar destas cousas.
Sen embargo, paréceme que neste post queda demasiado sinxelo o procedemento de fabricación de transxénicos, así como tamén algúns dos seus aspectos negativos: que tipo de riscos medioambientais? que alerxías? Ademais, polo que vemos no voso post, hai máis aspectos positivos ca negativos, logo… Por que tanta crítica?
En definitiva, gústame moito o tema que tratades e a estrutura que levades, pero penso que podería estar máis amplo e explicado.