Tiña razón o primo de Rajoy?

O cambio climatico é un feito real, un problema que estanos afectando a todos. Nembargantes, moitas persoas pensan que non é verdade, que é unha falacia, estas personas están equivocadas e entre elas Rajoy, o noso presidente. Nunha entrevista o 8 de octubre de 2007 dí que: ¨Si mi primo, el cual es físico en una universidad no puede decir el tiempo que va a hacer mañana, como se puede saber que dentro de muchos años el clima va a cambiar”.

Rajoy e o seu primo José Javier Brey Abalo, tiñan un problema: confundian clima e tempo atmosférico, son cousas parecidas pero diferentes. O tempo atmoférico é o que comprende  os variados fenómenos que ocorren na atmosfera nun momento determinado. Ditos fenómenos intégranse no campo de estudo da meteoroloxía e normalmente a palabra “tempo” refírese a estes fenómenos. Rajoy e o seu xa “famoso” primo, referíanse á isto ao decir que non se pode predecir o clima.

En cambio clima é a descrición estatística de temeraturas, precipitacións e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. Cando se fala do cambio climático faise referencia a variacións históricas rexistradas neses parámetros.

Como podemos ver a diferencia é bastante clara. Así que o cambio climatico é un feito real, e por moito que o primo de Rajoy diga que non, seguirá sendo así. Nas afirmacións do actual Presidente vese unha clara intención negacionista dun problema mundial. Se como di Rajoy  o cambio climático non é real,  como pode explicar que aumenten os rexistros medios da temperatura, que se derritan os glaciares, que cada vez se produzan máis fenómenos atmosféricos extremos, etc.?

 

Nesta imaxe pódese ver a redución da superficie de xeo na Antártida, isto é debido ao aumento da emisión de CO2, que provoca un aumento das temperaturas. Nas zonas polares o albedo,  que é a razón entre a radiación electromagnetica  reflectida e a cantidade incidente, é moito maior gracias o efecto reflectante do xeo. Ao reducirse este, diminuirá o albedo e aumentará a absorción da radiación polo mar o que revertiría nunha gran  aceleración no aumento das temperaturas e a desaparición de moitas especies.

Que explicación lle pode dar o primo de Rajoy para isto?

Aquí deíxovos o  vídeo de Rajoy no que da as súas sorprendentes declaracións sobre o cambio clímatico.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.