Rosalind Franklin e o seu descubrimento da estrutura do ADN

Rosalind Franklin naceu o 25 de xullo de 1920 en Londres. Foi unha química e cristalógrafa. Tamén foi autora de importantes contribucións á comprensión da estrutura do ADN, dos virus, do carbón e do grafito. Ímonos centrar nas investigacións sobre o ADN.

En 1951 fíxose investigadora no laboratorio de John Randall en Cambridge onde tamén traballaba Maurice Wilkins. Ambos realizaban un traballo sobre o ADN; isto fixo que a competencia entre os dous os levara a un conflicto mútuo. Maurice levaba moito tempo traballando no ADN e xa tomara a primeira fotografía da súa difracción cristalográfica, el foi o primeiro en recoñecer nesa fotografía os ácidos nucleicos e non estaba disposto á competencia interna.

Rosalind obtivo unha fotografía de difracción de raios X que revelou a estrutura helicoidal da molécula do ADN. Esa imaxe é coñecida como a “Fotografía 51” e foi un respaldo importante para que os investigadores James Watson e Francis Crick establecesen a hipótese da “Dobre hélice”.

A “Fotografía 51” é unha imaxe do ADN obtida por Rosalind (cando traballaba en King’s College de Londres) mediante disfracción de raios X en 1952. Foi unha evidencia fundamental para identificar a estrutura do ADN.

 

A principios do 1953 Wilkins enseñoulle a Watson unha das fotografías cristalográficas de Rosalind da molécula de ADN. Con esta fotografía Watson viu a solución da estrutura a cal fora imaxinada por el e Crick e publicou eses resultados sen o permiso de Rosalind en Nature.

O modelo da dobre hélice do ADN foi o logro médico máis importante do século XX que permitiu a comprensión da bioloxía molecular e as funcións xenéticas.

Finalmente, Rosalind Franklin morreu en Londres o 16 de Abril de 1958 e no 1962 Watson, Crick e Wilkins recibiron o Premio Nobel polo descubrimento da estrutura do ADN. Que pasaría se Rosalind aínda estivese viva naquel momento..?


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Rosalind Franklin e o seu descubrimento da estrutura do ADN

  1. mariapilarfr di:

    Este artigo pareceume moi interesante e gustoume moito. Xa que non sabía quen fora a persoa a cal descubrira a extructura o ADN e neste artigo danse moitos datos dela.

  2. albats di:

    Ata este momento non tiña nin a máis remota idea de quen era Rosalind Franklin… Moitas veces estudamos cousas sen saber por qué ou de onde veñen, por iso penso que é importante saber a súa orixe. Nese sentido o artigo paréceme moi bo.

    A historia sobre esta muller paréceme apaixoante, xa que, sen sabelo, fixo un enorme avance na ciencia. Grazas a ela hoxe podemos ter moitísima información sobre xenética, dende os nosos rasgos persoais ata as enfermidades herdadas. Quizais, cando nos falan do ADN tamén nos debería nomear a esta muller: ela foi quen orixinou todo isto, aínda que no seu momento non se lle recoñecera. Por outra banda, paréceme moi ben que se fale sobre ela no noso blog, xa que non temos constancia de moitas mulleres adicadas á ciencia e isto rompe un pouco a regra.

    En xeral paréceme un artigo distinto a todos os habituais, ben estruturado e con boa información. Quizais, o seu único problema sexa o vídeo… Seguro que é moi interesante, pero ao estar en inglés resulta difícil comprendelo. En xeral, moi bo traballo!

Deixa unha resposta