Porquiños fluorescentes e tomates sempre frescos: os transxénicos.

Que son os alimentos transxénicos?

Son aqueles alimentos que foron modificados xenéticamente para transferir un xen de un organismo a outro,co fin de dotalo dunha calidade especial da que carece ou incluso eliminar algunha que non lle é favorable.

As súas vantaxes.

As principais vantaxes de modificar xeneticamente estes alimentos para convertilos en transxénicos consisten  en adaptalos para a súa mellor e maior producción, xa que presentan unha maior resistencia aos insectos e enfermidades, ou incluso lograr adaptalos ás diferentes carácterísticas do solo. En resumo, mellorase a productividade, pero cal é o verdadeiro obxetivo desta modificación xenética? Está claro, reducir a fame no mundo. Xa que este tipo de inxeñaría xenética é moi util para alimentar a unha poboación en aumento sen producir ningún tipo de inconvintes.

Pero…ten algún tipo de desvantaxes?

Debido a que  os transxénicos apareceron dende hai relativamente pouco tempo,aínda non se coñecen en profundidade as desvantaxes a largo prazo sobre a saúde humana, pero creese que as principais enfermidades que se poden derivar serán alerxias, tumores ou intolerancia a determinados alimentos.

A demáis cabe destacar que moitas organizacións como Greenpeace buscan prohibir a producción de alimentos transxénicos debido aos probables riesgos que poden conlevar.

Ademáis  un dos peores problemas é que estes alimentos conteñen xenes modificados que poderían causar resistencia a unha gran parte de antibióticos, o cal faría que se extendesen diversas pandemias que serían moi difíciles de tratar.

O primeiro alimento transxénico foi o chamado “tomate sempre fresco” xa que se lle foi inocuado un xen que retrasaba a súa putrefacción. Actualmente, abundan os alimentos transxénicos  que son comercializados por todo o mundo como patacas, frutas ou incluso algúns animais.

Actualmente hai decenas de alimentos transxénicos comercializados  en todo o mundo. Desarrollaronse patacas transxénicas con cambios no contido do almidón, existen tomates e frutas transxénicas nos que se pode regular o proceso de maduración. O máis destacado é o chamado “arroz dorado” que ten diversas repercusións positivas para a saúde, xa que posue un alto contido en vitamina A e está destinado a aquelas persoas con algún tipo de déficit nas súas dietas.

En xeral este tipo de alimentos non teñen boa fama, e os cidadáns soen identificalos coas compañías multnacionais da alimentación, que teñen o seu principal obxetivo en monopolizar e unificar a oferta de alimentos, o cal podería levar á extinción de diversas especies, e polo tanto, a  perda de biodiversidade. Unha das preocupacións máis frecuentes está relacionada co posible salto da barreira das especies que podería modificar o xenoma humano ou o dos animais con resultados imprevisibles.


 

 

 

 


Acerca de carmenediego

son pelirroxo e moi guapi
Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Sen categorizar, Xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta