Fotocopiando ADN

O proceso de replicación de ADN é o mecanismo que permite ó ADN duplicarse, é dicir, dunha molécula de ADN podemos obter outra totalmente igual. Este proceso é empregado polas células para poder dividirse e dar lugar a dúas células fillas. Este proceso pódese facer introducindo un xene no xenoma dunha bacteria e deixar que esta se reproduza, pero tamén se pode duplicar no laboratorio.

Unha das técnicas máis utilizadas no laboratorio actualmente é a Reacción en cadea da polimerase, coñeciada tamén como PCR. É unha técnica que desenvolveu Kary Mullis no ano 1987. Dita técnica encárgase da obtención de moitas copias dun fragmento de ADN partindo dunha cantidade mínima. Polo que se caracteriza este proceso é pola ampliación que fai do fragmento de ADN para poder clonalo.

Ciclo de clonación:

1. O ADN que se desexa clonar desnaturalízase quentándoo a 90-95ºC.

2. Báixase a temperatura ata 50-60ºC para favorecer a hibridación de pequenas secuencias complementrarias dos extremos da cadea de ADN que actúan como cebadores.

3. Elévase a temperatura ata uns 60-70ºC e engádeselle un ADN polimerasa resistente á calor e nucleótidos soltos para que se produza a extensión da cadea a partir do cebador.

Cada ciclo dura uns cinco minutos e en menos de tres horas, e tras uns 30 ciclos, a cantidade de ADN aumenta máis dun millón de veces.

 

 

 

Hay varios tipos de PCR, algúns exemplos son: PCR animada, mutaxénese ( PCR  de extensión solapada) , PCR in situ, PCR múltiple (utilízase para a detección de organismos patóxenos), RT-PCR, qPCR.

 

Utilizacións do PCR:

O PCR é unha técnica moi utilizada na actualidade:

Na paleontoloxía, permítenos analizar ADN con miles de anos de antigüidade, o que permitiu estudar mostras obtidas de momias e de restos de animais extintos. É moi útil porque nos fósiles poden aparecer fragmentos de ADN sen fosilizar, e grazas a esta técnica, que permite ampliar e facer copias dun pequeno fragmento de ADN, conseguíuse clasificar moitos animais extintos e tamén determinar os cambios evolutivos ao longo da historia e como se relacionan as especies.

No estudo criminolóxico, este técnica permite identificar a unha persoa comparando o seu ADN co da mostra obtida, como por exemplo a pegada dun crime. Como a mostra pode ser moi escasa a PCR permite aumentar a cantidade de ADN amplificando certos segmentos polimórficos, para despois separalos por electroforesis.

Tamén é unha técnica utilizada no test de paternidade, amplificando por PCR fragmentos polimórficos de ADN da nai, do pai ou do fillo e separandos mediante electroforesis, pódese visualizar unha serie de segmentos que ten o neno, os cales debe compartir coa nai e o pai biolóxicos.

Utilízase para  a detección de enfermidades hereditarias: cada xen en estudo pode ser amplificado facilmente por PCR, cos partidores adecuados, e a continuación ser secuenciado para determinar se o individuo porta algunha mutación que explica a presenza dunha enfermidade ou a súa  aparición no futuro, as cales poden ser herdadas.

Pódese utilizar na clonación de xens amplificando un determido xen que pode introducirse nun vector e despois nun organismo, o cal o duplicarse tamén duplica o xen que nos interesa. Así podemos ter unha cantidade suficiente de xenes para secuencialo ou producir a gran escala a proteína que este xen codifica.

 


 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

One Response to Fotocopiando ADN

  1. uxiaas di:

    Pareceume moi interesante debido a que dades moita información sobre o ADN, que eu descoñecia. Ademais o vídeo e curto pero aporta coñecementos moi útiles. Bo traballo compañeiras.

Deixa unha resposta