Canto de santo ten Monsanto?

Agricultura en Ribadavia, Galicia.

Son moitas as innovacións tecnolóxicas coas que hoxe contamos con respecto á mellora no tratamento de cultivos destinados ao consumo. O atractivo dos alimentos tranxénicos resultou exitoso nas rexións máis desenvolvidas, onde a producción alimentaria transladouse ao territorio industrial.

 

Podemos destacar neste campo á multinacional estadounidesnse Monsanto, líder global no desenrolo de sementes xenéticamente modificadas. Mais a súa produción non se limita tan só ao ámbito nutritivo, senón que o 25% da súa fabricación está orientada a artigos fitosanitarios, que consisten en substancias para prever ou eliminar pragas dos terreos de cultivo.

Non son poucas as criticas que está a recibir Monsanto, posto que os transxénicos son hoxe moi innovadores e resultan diferentes á agricultura tradicional.

A calidade dos produtos tranxénicos é equiparable á dos que son de orixe orgánica.

Esta é a afirmación por parte da empresa que deixou boquiabiertos a numerosos investigadores. Eles cuestionan se a calidade artificial é realmente igual á dos produtos naturais, tamén chamados ecolóxicos ou orgánicos. Ao parecer, Monsanto non detalla o suficente os posibles riscos ou inconvintes que os alimentos modificados poderían supor nas poboacións consumidoras, pois nada disto está contemplado dentro dos esquemas de marketing.

Ao Monsanto obter terreos para o cultivo masivo de alimentos e vexetais experimentais, consegue levar a cabo unha actividade produtiva onde monopoliza o territorio, e a distribución de sementes e pesticidas. Engadíndo a isto o elevado rendemento da súa produtividade, estímase que os seus ingrensos se incrementan nun 20% con respecto ós agricultores particulares.

Crítica ós tranxénicos e pesticidas Monsanto

A pesar de ter un área restrinxida de cultivo, denúnciase que estes límites non son do todo respectados pola multinacional. A asociación galega Amigos da Terra alertou que a distancia de seguridade de 200 metros establecida polo ministerio entre os campos de sementes experimentais, con orgaismos xenéticamente modificados (OGM), e terrreos produtivos tradicionais, non é suficiente, posto que o alcance das esporas de pole que se desprazan polo aire pode superar os kilómetros. No caso de darse unha “libre” competencia entre estes, os OMG triunfarían sen dúbida sobre os cultivos clásicos ata o punto de erradicalos dese territorio, por seren máis resistentes logo de ser modificados dun xeito artificial.

 

Outro aspecto que alarma ós traballadores e profesionais deste ámbito é a posible dispersión dos pesticidas aplicados ás plantacións por Monsanto, que resultan tóxicas tanto para as pragas que pretenden evitar, coma para axentes polinizadores e insectos beneficiosos nos procesos reprodutivos dos vexetais, tales como as mariposas monarca.

 

O progreso biotecnolóxico pode ser amplamente aproveitado pola ciencia moderna para mellorar a calidade dos alimentos, e mesmo afirma potenciar as axudas alimentarias con respecto ós países en desvantaxe. Sen embargo, resulta contraproducente levar a cabo unha revolución onde tódolos produtos sexan substituídos por tranxénicos que aínda son desaprobados por investigadores como parte dunha dieta diaria.

Ao final, non se debe confundir a alimentación dun sistema económico competitivo coa nutrición  dos que habitan o planeta, e mesmo sería un erro deixar de lado a convivencia das especies para o natural funcionamento dos distintos ecosistemas, ou ignorar a situación dos peqeuenos negocios agrarios que se ven perxudicados pola desmesurada expansión dos tranxénicos Monsanto a nivel mundial, pois o seu marxe de producción e ganancias non é comparable cos da multinacional.


 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Prensa, Xenética e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Canto de santo ten Monsanto?

  1. antiati di:

    Realmente é un artigo que che fai reflexionar sobre se é mellor consummir alimentos naturais ou ben os tranxénicos. Sen dúbida, é moito mellor consumir produtos naturais, pero nalgúns casos isto non é posible, por iso, necesitase innovar e sobre todo experimentar, como se está a facer en Monsanto. Parécenos que esta investigación vai dar grandes resultados, sobretodo nos lugares onde é dificil o cultivo, pero deberían informar máis do que realmente é e das consecuencias que pode ter.
    Noraboa polo artigo, xa que é moi completo e explicativo.

  2. albats di:

    A verdade é que o artigo é do máis axeitado. A día de hoxe moita xente pensa que canto máis dure e se conserve un produto, mellor. Sen embargo, isto non é así: os produtos deben ser naturais e conservar as súas propiedades para que sexan beneficiosos para nós. Este artigo gustoume especialmente, xa que nel descubrimos como se manipulan hoxe en día os nosos produtos e, o peor de todo ¡sen que o sepamos! Penso que é moi importante coñecer que comemos e decidir que tipo de alimentos queremos consumir, polo que este artigo paréceme unha excelente aportación ao blog. Noraboa.

Deixa unha resposta