O VIH: de enfermedade mortal a enfermedade crónica?

Que é o VIH?

O virus da inmunodeficiencia humana (VIH), é un lentivirus  que causa a síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA), unha condición do sistema inmunolóxico humano na que este perde progresivamente as súas capacidades de protección contra as infeccións e permite que se produzan infeccións oportunistas que ameazan a vida e favorecen a formación de cancros. A infección polo VIH contráese pola transferencia entre persoas de sangue, seme, fluído vaxinal, preexaculado, ou leite materno de persoas infectadas. Nestes fluídos corporais, o VIH está presente como partículas de virus libres ou como virus inserido en células inmunitarias infectadas.

O VIH infecta á células vitais para o sistema inmunitario humano como son as células axudantes , macrófagos, e células dendríticas.

Aquí temos unha imaxe coas principais partes que compoñen o VIH.

ORIXE:
Pénsase que son precisas varias transmisións do virus de individuo a individuo en rápida sucesión para darlle ao virus tempo dabondo para mutar e converterse no VIH. Créese que o VIH se orixinou en primates non humanos en África occidental central e transferíronse aos humanos  no século XX. O VIH parece que se orixinou no sur do Camerún debido á evolución do SIV, un virus que afecta aos primates.

Unha opción alternativa , sostén que as prácticas médicas pouco seguras realizadas en África durante os anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, como a reutilización de xiringas non esterilizadas durante as vacinacións masivas, e as campañas de tratamento antimalaria e con antibióticos, foron o vector inicial que permitiu que o virus se adaptase aos humanos e se estendese.

Métodos de prevención:

A prevención da infección por VIH faise principalmente por medio da práctica do “sexo seguro” (uso de preservativos) e non compartir xeringas e agullas (hai campañas públicas de entrega de xeringas dun só uso).

Medicamentos que impiden o avance do VIH.

Actualmente, existen tratamentos e medicamentos efectivos para combatir a infección e as persoas infectadas con VIH teñen vidas más largas e sanas que fai anos.

Existen cinco clases principais de medicamentos:

  • Inhibidores da transcriptasa reversa : Interfiren con un paso importante no ciclo de  vida do VIH e impiden que o virus multiplique copias de si mesmo.
  • Inhibidores da proteasa: Interfiren cunha proteína que usa o VIH para producir partículas viriais infecciosas.
  • Inhibidores de fusión: Bloquean a entrada do virus ás células do corpo.
  • Inhibidores de integrasa: Bloquean a integrasa, unha enzima que necesita o VIH para multiplicarse.
  • Combinacións de varios medicamentos: Conteñen duas ou máis medicamentos que pertenecen a unha ou máis clases.

MORTALIDADE:

Desde o seu descubrimento, a SIDA leva causado  aproximadamente 34 millóns de infectados, en  20010 , en todo o mundo.  A SIDA considérase unha pandemia, a cal tivo un grande impacto na sociedade, tanto como enfermidade, coma por ser unha causa de discriminación das persoas infectadas.

Pequeno video de como actua o VIH.

O VIH na actualidade:

Actualmente, non existe cura nin vacina para esta enfermidade; porén, existe un tratamento con drogas antirretrovirais, que fai moito máis lento o curso da enfermidade e proporciona unha esperanza de vida case normal.  Pero estes medicamentos son caros e levan asociados diversos efectos secundarios non desexados.

En definitiva, o VIH xa non é considerada unha enfermidade mortal, xa que existe tratamento que relentizan os efectos desta enfermidade, con medicación pódese considerar esta enfermidade como crónica. Pero este tratamento  pode producir efectos secundarios como:

– Subida do nivel do colesterol.

– Aumento dos triglicéridos.

– Lipodistrofia (redistribución da grasa corporal)

– Enfermidades cardiovasculares.

Este tratamento implica medicarse de por vida.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta