Son un nen@ probeta???

  • “In vitro” é unha expresión latina que significa en cristal. Utilízase porque os primeiros experimentos biolóxicos nos que se realizaban cultivos de tecidos fóra dos organismos vivos dos que procedían, realizábanse en colector de cristal, tales como tubos de ensaio, probetas ou placas de Petri. Coloquialmente os bebés  concibidos a través de FIV denominábanse BEBÉS PROBETAS.

 

Fecundación” in vitro”(FIV ou IVF) é unha técnica pola cal, a fecundación dos ovocitos polos espermatozoides realízase fóra do corpo da nai. A FIV é o principal tratamento para a esterilidade cando outros métodos de reprodución asistida non teñen éxito. O proceso inicial implica o control hormonal do proceso ovulatorio , extraendo un ou varios ovocitos dos ovarios maternos, para permitir que sexan fecundados por espermatozoides nun medio líquido. O ovocito fecundado é transferido ó útero da muller, e continúa o seu desenvolvemento ata o parto.

En principio  a FIV desenvolveuse para superar situacións de infertilidade debidos a problemas nas Trompas de Falopio, pero observouse que a técnica tiña éxito tamén noutros casos de infertilidade. A introdución da inxección introcitroplasmática de espermatozoides (ICSI) soluciona en gran medida os problemas de infertilidade masculino.

Para que un tratamento de FIV teña éxito, é necesario dispoñer de ovocitos sans, espermatozoides que os poidan fecundar e un útero que poida manter un embarazo. A FIV pode utilizarse en mulleres menopáusicas, utilizando ovocitos procedentes dun doante e tamén pode considerarse en pacientes que sufriron unha perda total ou parcial de fecundidade debido a un tratamento agresivo  dunha patoloxía grave (como o cancro).

PASOS DA FIV.

  1. ESTIMULACIÓN DA PRODUCIÓN DE ÓVULOS: antes de realizar  a FIV, o médico debe ter control do ciclo menstrual. Para iso, é probable que haxa que tomar pastillas anticonceptivas e someterse tratamento hormonal e de fertilidade(por o xeral inxectables). O obxectivo é estimular a formación dos óvulos. Durante un ciclo menstrual, o normal é que os ovarios liberen un óvulo por ciclo, pero estes tratamentos fan  que liberen máis óvulos.
  2. MONITOREO DA OVULACIÓN: os óvulos deben ser retirados no momento exacto, cando estean maduros e antes de que emerxan dos folículos. Para iso, o ciclo menstrual e a ovulación son monitoreados de cerca mediante probas de sangue ou ultrasón frecuentes.
  3. RECOLECCIÓN  DOS  ESPERMATOZOIDES: a mostra de espermatozoides pode ser aportada pola parella ou provir dun banco ou doador. A mostra é sometida a un proceso de lavado e selección para eleminar os espermatozoides mortos ou danados.
  4. ASPIRACIÓN FOLICULAR: é o proceso mediante o cal se extraen os óvulos dos ovarios. Trátase dunha cirurxía menor na que o médico utiliza as imaxes de ultrasón como guía e unha agulla oca que se introduce pola vaxina. Este proceso dura entre trinta minutos e unha hora, e as mulleres non teñen dor porque están baixo os efectos de sedantes. Despois o procedemento pode producir dor e sangrado leves, pero desaparecen nuns días.
  5. FECUNDACIÓN: a fecundación lévase a cabo nun laboratorio antes de 24 horas dende a extracción dos óvulos. Colócase un óvulo con cerca de 10.000 espermatozoides  en cada placa e gárdanse nunha incubadora por un día.
  6. CULTIVO DO EMBRIÓN: unha vez fecundados os óvulos pasan a chamarse embrións e inician a súa división celular. Os embrións son monitoreados no laboratorio entre 3 ou 5 días para verificar o seu desenvolvemento.
  7. TRANSFERENCIA DO EMBRIÓN: o médico introduce un cáteter por medio da vaxina ata chegar o útero, onde se depositan os embrións. Colócanse entre dous e cinco embrións para maximizar as posibilidades de quedar embarazada.
  8. IMPLATACCIÓN: se todo sae ben, polo menos un dos embrións logra implantarse e iniciar o desenvolvemento dentro do útero.


Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.