Rubio de ollos azuis ou mellor moreno coma o seu avó?

A moita xente gustaríalle poder ter un fillo coas características e sexo que eles elexiran, poder dicir “Eu quero que sexa unha nena de ollos verdes e cabelo loiro” e que iso se fixese realidade; pois isto xa se pode facer, son os coñecidos “bebés á carta”.

Hoxe en día, durante un FIV; é posible escoller o sexo e características dun embrión recurrindo ás técnicas de reprodución avanzadas. Os médicos poden facelo usando un dos dous métodos que existen. O primeiro consiste na selección dunha mostra de esperma do pai e, posteriormente, fertilización do óvulo con un espermatozoide “feminino” ou “masculino”.  O segundo método que é empregado para filtrar embrións que poidan sufrir doenzas xenéticas (ou sexa, permite modificar as características do futuro bebé), tamén é efectuado durante a FIV pero desta vez espérase uns días a que o óvulo fecundado medre e entón extráeselle unha célula para ver se existen xens malformados podendo alí modificar algunha característica.

A lexislación española prohibe totalmente elixir o sexo ou calquera outra característica dos fillos. Soamente nalgúns casos está permitido, por exemplo:

  • Para evitar anomalias da xenética relacionadas coa xenética.
  • Se outro fillo da parella posúe unha grave enfermidade que poida resolverse cun transplante pois poderíase crear outro individuo idéntico para que fose compatible sempre e cando non signifique ningún perigo para os dous.

Notros países como USA as normas son diferentes, mirade este vídeo:


Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

4 Responses to Rubio de ollos azuis ou mellor moreno coma o seu avó?

  1. noeliafv di:

    Baixo a nosa opinión, a lexislación española está acertada en este aspecto xa que, se fose posible escoller o sexo dos bebés, estaría en risco o equilibrio natural entre o porcentaxe de ambos xéneros.

  2. mariacm di:

    Pareceunos un artigo moi interesante, pero un pouco excaso de información, xa que se podería explicar máis detalladamente os métodes utilizados.
    Laura e María

  3. antiati di:

    Opinamos que se trata dun tema moi interesante, e, nalgúns casos, verdadeiramente necesario. Parécenos intolerante que se utilicen estos medios para elixir o sexo, a cor de pelo ou ollos, etc do teu fillo, xa que cada bebé nace cunhas características propias herdadas dos seus proxenitores; pero no caso no que se utilizan para remediar enfermidades, parécenos que é un avance para a sociedade e para axudar a todas esas persoas que poderían nacer afectadas por algunha enfermidade ou discapacidade.

  4. diegoab di:

    O artículo dende un principio parece interesante pero despois creo que modula a súa direción. Primerio fálase de que se poden escoller as características físicas dun fillo e posteriormente só se di que se pode elixir o seu sexo ou evitar doenzas posteriores. Vexoo bastante simple e indocumentado.

Deixa unha resposta