Que países son os máis solidarios?

Que é un trasplante?

Un transplante consiste en substituír un órgano ou texido enfermo por outro que funcione adecuadamente. Hoxe en día constitúe unha técnica médica moi desenvolta a que logra magníficos resultados para os receptores. Non obstante, necesita obligatoriamente a existencia de donantes. Sen a solidaridade dos donantes no hai trasplantes.

Os españois, un exemplo imitado.

O español é un pobo solidario. España é o país con maior tasa de doación de todo o mundo. As doacións realízanse sempre de forma altruísta e todo o proceso é cuberto, desde o punto de vista económico, polo Sistema Nacional de Saúde. Estas bases de funcionamiento proporcionannos o privilexio de ter maiores posibilidades de obter un trasplante no caso de necesitalo. O modelo español de funcionamiento dos trasplantes é considerado mundialmente un exemplo a imitar, que de feito se está implantando nunha gran parte do mundo.
Non só son elevadas as cifras españolas, tamén o son en Europa, onde a media de doazóns está en 18,2, e en Estados Unidos, con 25 doazóns p.m.p. Números aínda soñados en América Latina, onde aínda queda un labor importante en materia de concienciación das doazóns e transplantes. Pero as previsións son optimistas, xa que as autoridades médicas e, sobre todo, os países latinoamericanos máis avanzados en doazón de órganos esperan alcanzar en 2015 unha media de 15 doazóns por cada millón de habitantes.

As doazóns en Latinoamérica

O principal problema de Latinoamerica e o tráfico de órganos, consiste no transporte e cesión de órganos co fin de obter un beneficio económico. Esta actividade considérase ilegal en gran parte do mundo.

A parte latina do continente americano vai cada vez máis escalando postos no ranking de lugares solidarios, aínda que o traballo non fixo máis que empezar. A media latinoamericana apenas chega a 6,5 doadores por millón de poboación. Arxentina é o país líder en doazóns de órganos en toda América Latina, situándose en 2010 nas 14,5 doazóns por millón de poboación (p.m.p). Os arxentinos puideron superar, aínda que por pouco, a Uruguai, a pequena nación veciña con pouco máis de 3 millóns de habitantes, onde a doazón chega aos 14,4 por millón de poboación. Todos estes datos despréndense da Newsletter Transplant 2011 elaborada polo Consello de Europa.

 



Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Que países son os máis solidarios?

  1. mariacm di:

    É un artigo moi interesante,está moi completo e aporta moita información sobre este tema que moita xente descoñece.
    María e Laura.

  2. mariapilarfr di:

    Este artigo pareceume moi interesante, e ademais aporta unha serie de datos que eu,e de seguro que moita máis xente descoñecía. Sorprendeume sobre todo o feito de que España sexa o país que máis organos doa. E tamén o feito de que haxa trafico de organos en America.

Deixa unha resposta