Os transplantes

Que é un transplante?

Un transplante é unha operación cirúrxica que consiste en substituír un órgano ou tecido danado por outro plenamente funcional. Os doantes de órganos poden estar vivos ou en morte cerebral, pero moitos dos tecidos admiten o seu almacenamento mesmo durante anos; no caso de doacións entre especies diferentes denomínase xenotransplante. Os transplantes para os humanos están estritamente regulamentados nos países desenvolvidos, existindo organismos específicos de control e coordinación como a Organización Nacinal de Transplantes no estatal.

Valórase a cada paciente de forma individual polo equipo de transplantes do seu hospital de referencia xa que eles mellor que nadie poden responder ás súas dudas sobre os posibles tratamentos.

  • Quen ten acceso a un transplante?

Teñen acceso a un transplante as persoas enfermas que sofren un dano irreversible en algún dos seus órganos. Non poden curarse por outro tipo de tratamento médico, co cal é a única solución para evitar a súa morte ou para levar unha mellor calidade de vida.

  • España, o país con maior taxa de doación.

España é o país con maior taxa de doación de todo o mundo, estas doación realízanse sempre de forma altruísta e iste proceso está cuberto economicamente polo Sistema Nacional de Saúde.

España volveu bater o seu propio récord en transplantes xa que nun só día conseguíronse realizar 45, procedentes de dezaseis doantes, dous deles vivos; foron 26 transplantes renais, 10 hepáticos, 5 cardíacos, 3 pulmonares e 1 de páncreas. Nos distintos operativos participaron vinte e dous hospitais de once comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Canarias, Cantabria, Castilla-La Mancha, Cataluña, Comunidad Valenciana, Madrid, Murcia, Navarra e País Vasco, según informa o Ministerio de Sanidade. En 2013 España alcanzou una taxa de 35,12 doantes por millón de persoas con un total de 1.655 doantes, que permitiron realizar 4.279 transplantes. Por iso, a ONT anima a todos os cidadáns a seguir doando, pois co seu xesto cada ano salvan miles de vidas.

  • Canto custan estes procesos?

Igual que unha persoa doadora  non recibe ningunha compensación ecónomica ou en especies, as persoas enfermas que necesitan un transplante non teñen que dar nada a cambio polo transplante, é dicir, estes procesos son totalmente GRATIS.

  • Tipos de transplantes que se poden facer:

-Texido osteotendinoso (óso, tendón…)

-Córneas.

-Pel

-Válvulas cardíacas.

-Segmentos vasculares (arterias e veas).

-Cultivos celulares, de condrocitos,

queratinocitos ou mioblascitos.

-Células do sangue do cordón umbilical.

-Médula ósea.

-Páncreas.

-Pulmóns.

-Intestino.

-Corazón.

-Ril

-Fígado.

  • Problemas de transplantes a curto plazo: O rexeitamento.

O principal problema que presenta unha operación de transplante, consiste en que o organismo do paciente trata ao órgano que foi transplantado coma un elemento estrano e os anticorpos combátenno como si se tratara dun proceso infeccioso.

Para contrarrestar este problema procédese a buscar un doante adecuado, que será aquel cuxos texidos sean o máis compatibles posible cos do receptor, dende o punto de vista inmunolóxico. En segundo lugar, o paciente será tratado de por vida con medicamentos, denominados inmunodepresores, que reducen o rexeitamento; a dificultade estriba na correcta e exacta dosificación de tales fármacos, pois se son insuficientes produciráse o rexeitamento e se son excesivos causarán a indefensión do paciente ante as infeccións.

  • Problemas de transplante ó longo prazo:

O tipo de problemas que poden xurdir despois do transplante depende de moitos factores, como o tipo de transplante, o tratamento de acondicionamento empleado, o estado xeral da saúde do paciente, a idade do paciente no momento de realizar o transplante, a duración e o grado no que o sistema inmunolóxico queda inhibido, e se a enfermidade do inxerto contra hóspede crónica está presente e de ser así, máis grave é. Os problemas poden ser ocasionados polo tratamento de acondicionamento ( a quimioterapia e radioterapia previas ao transplante), especialmente por irradiación do corpo enteiro e outros medicamentos utilizados durante o transplante ( como os medicamentos que pode que se requirirán para suprimir o sistema inmunolóxico tras o transplante). Entre os posibles riscos a longo prazo inclúense:

  • Dano de órganos (ao fígado, ós riles, ós pulmóns, ó corazón, aos ósos e as articulacións).
  • Recaída (o cáncer regresa).
  • Cancros secundarios (novos).
  • Crecemento anormal dos texidos linfáticos.
  • Infertilidade (incapacidade de procrear fillos).
  • Cambios hormonais, como na glándula tiroides e na pituitaria.
  • Cataratas (nubosidade no cristalino do ollo o cal causa pérdida de visión).


 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta