España: 22 anos á cabeza da solidaridade.

Ronald Herrick non tivo ningunha dúbida. A saúde do seu irmán xemelgo, Richard, que aos 23 anos estaba morrendo dunha nefritis crónica, era o primeiro. Por iso, cando lle comunicaron que unha doazón de ril podía salvarlle a vida, non o pensou dúas veces. Deste xeito, o 23 de Decembro dese ano, realizouse no hospital Peter Bent Brigham de Boston primeiro transplante dun órgano vital. Anteriormente xa se realizaran outras tentativas pero todas sen éxito; pola contra, o ril de Richard deulle 8 anos máis de vida ó seu xemelgo. A historia dos xemelgos Herrick marcou un importante precedente e protagonizou un dos acontecementos máis importantes na Medicina: a realización de transplantes.

Cando falamos de transplantar referímonos a trasladar órganos, tecidos ou células dunha persoa a outra. Así, o órgano transplantado reemplaza e asume a función do órgano danado do receptor, salvándolle a vida ou mellorando a calidade desta. As persoas que teñen acceso a un transplante, polo xeral, son aquelas que sofren un dano irreversible nalgún dos seus órganos e non poden curarse con outro tratamento.

Existen varios tipos de transplantes: autotransplante, isotransplante, alotransplante e xenotransplante. Pero de calquera maneira, débense seguir unhas condicións para poder realizalo:

1. O doante debe ser maior de idade e manifestar o seu desexo de exercer como tal.

2. Compróbase que o doante non padeza ningunha enfermidade de orixe infeccioso ou maligno, como pode ser o cancro.

3. De ser un doante fallecido, a súa morte non pode ser causada por unha parada no corazón, para evitar danos irreversibles nos seus órganos. Por exemplo, unha persoa que morre nun accidente de tráfico non pode ser candidato a doante xa que sufriu unha parada no corazón ou nos pulmóns. Pola contra, sí pode facelo alguén que morre por un infarto cerebral, por exemplo.

4. Búscanse receptores cun tipo de tecido e grupo sanguíneos máis parecidos ao do órgano doaado. Do mesmo xeito, procúranse que compartan tantos HLA como sexa posible para evitar o rechazo, aínda que hoxe en día esta concidición pode suplirse ca subministración de fármacos inmunodepresores.

5. Por último, tense en conta a proximidade de idade, a gravidade do enfermo e localización.

 

Tras a historia dos irmáns Herrick en España tivemos que esperar 11 anos para realizar o noso primeiro transplante, tamén de ril. Ocorreu no Hospital Clínico de Barcelona, aínda que tamén se realizaran antes algún transplante de córnea. Dende entón, España converteuse nun dos líderes en transplantes ocupando a cabeza durante 22 anos e realizando máis 55.000 transplantes, dos cales 4.279 sucederon en 2013. Deste xeito, España mantense á cabeza de doantes e transplantes realizados, batindo, incluso, os seus propios récords: o pasado 25 de Febreiro realizáronse 45 transplantes nun só día. En Galicia, aínda a pesar de non atoparse entre as Comunidades destacadas, as cousas seguen o exemplo nacional: suben os doantes de médula e A Coruña realizou o pasado 21 de Xaneiro o primeiro transplante renal cruzado. En Galicia a situación está liderada por Santiago, o CHUS conta co maior número de doantes de órganos.

España, 22 anos dando órganos, sendo exemplo de caridade e regalando vida.


 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

3 Responses to España: 22 anos á cabeza da solidaridade.

  1. deboragp di:

    Este artigo paréceme moi interesante, xa que nel hai datos estadísticos sobre España e Galicia, e tamén conta a historia do primeiro transplante. Tamén toca un tema que me interesa especialmente xa que, hai menos dun ano, a un familiar meu realizóuselle un transplante dunha válvula do corazón. Moi bo traballo

  2. dianamc di:

    Este artigo parece moi interesante xa que nos conta como grazas a unha doazón de ril dun irmán a outro fixo que este puidese sobrevivir máis tempo.

  3. gabrielgl di:

    O traballo está moi ben realizado, xa que explicades todo moi ben. O único fallo que vexo e que non explicades os tipos de transplantes que exiten, aínda así, noraboa.

    Gabriel e Victor.

Deixa unha resposta