Clonámoste?

Cando falamos de clonación, entran en escena principalmente dous temas: a moralidade e o afán pola investigación. Referíndonos ó problema ético, dise que nun futuro poderíase chegar a perder a variabilidade xenética e, polo tanto, as especies non se adaptarían ós cambios medioambientais. Aínda que tendo en conta o punto de vista da investigación podemos dicir que ten partes negativas, por exemplo a cantidade de casos que saíron mal nun intento fallido de clonación, pero tamén ten partes positivas, como o que se está tratando de investigar para poder curar a humanos con enfermidades grazas a dito clon.

A clonación é un proceso de crear unha copia xenética idéntica á doutro organismo orixinal.  Ás veces o termo “clon” tamén se aplica cando falamos de xemelgos monocigóticos, de organismos que se reproducen de maneira asexual ou en organismos hermafroditas. A clonación pode ser de varios tipos (Clonación molecular, clonación celular, clonación de organismos de maneira natural, clonación reprodutiva, clonación terapéutica, clonación de sustitución e clonación de animais en perigo de extinción )aínda que non todos tiveron un gran éxito.

Sen dúbida, o caso máis destacado foi o da ovella Dolly, xa que foi o primeiro animal clonado. Para levar a cabo este proceso, os científicos extraeron das glándulas mamarias dunha ovella unha célula somática, e a outra ovella sacáronlle un ovocito, as cales lle quitaron o núcleo.

Por microinxeccións, introduciron o núcleo da célula somática no ovocito. Con impulsos eléctricos activouse ao ovocito para que comezase a dividirse, tal como fan os óvulos fertilizados nun proceso natural. Ao cabo duns días xa se formara un embrión, o cal foi implantado no útero dunha terceira ovella, e despois dun embarazo normal, naceu Dolly no ano 1997 que era idéntica a súa nai xenética.

En definitiva, que opinas ti da clonación?


Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Xenética. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Clonámoste?

  1. mariacm di:

    Parécenos un artigo interesante pero un pouco escaso de información, estaría ben que se explicara como se poderían curar as enfermidades nos humanos grazas a ese clon.
    Laura e María

  2. uxiaas di:

    Este artigo gustoume moito, curto pero con moita información, e máis sempre quixen saber como fora o clonmento da ovellla dory.

Deixa unha resposta