A dieta atlántica.

Todos coñecemos a afamada dieta mediterránea, pero poucos saben que na zona na que vivimos hai outra que inclúe iguais tipos de alimentos pero en diferentes proporcións: a dieta atlántica. Estas dúas dietas son similares tanto no consumo de froitas, hortalizas e auga coma na utilización de aceite de oliva.

Características da dieta atlántica:

  1. Consumo moi elevado de peixes e mariscos.
  2. Consumo de alimentos vexetais en abundancia, favorecendo un maior aporte de fibra alimentaria.
  3. Consumo elevado de froitas e hortalizas, o cal pode contrarrestar os efectos negativos do elevado consumo de alimentos de orixe animal.
  4. Utilización de aceite de oliva como principal graxa culinaria.
  5. Consumir diariamente productos lácteos.
  6. O consumo de carnes é importante. É recomendable consumir carnes magras.
  7. Abundantes líquidos, prioritariamente auga.
  8. Gusto pola sencillez na preparación dos alimentos, para manter a calidade das materias primas e o seu valor nutritivo.
  9. Empleo da cocción, a plancha e a fritura en aceite de oliva, ou o empanado.

Beneficios da dieta atlántica:

OS OMEGAS DO CORAZÓN. A Dieta Atlántica é rica en ácidos graxos que reducen o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares.

O REGO SANGUÍNEO MELLORA. Grazas ao ácido linoleico que se atopa no aceite de oliva.

REDUCE O COLESTEROL. Conséguese grazas ás noces. Bloquean a absorción do colesterol propio e o da dieta, axudando a reducir os niveis de colesterol.

CORAZÓN XOVE. Ao consumir con regularidade aceite de oliva, espárragos, leituga, noces, chícharos e froitos secos as nosas células protéxense contra o envellecemento e a dexeneración dos músculos.

CORAZÓNS FORTES. O peixe, os froitos secos, as berenxenas, as legumes, a soia, o apio e os melocotóns  protexen o corazón.

RICA EN PROTEÍNAS. Con esta dieta consúmense moitas proteínas, polo que é idónea para deportistas.


Agora xa sabedes, na nosa zona hai unha dieta igual de boa que a dieta mediterránea, por que non a probamos?

 

 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

One Response to A dieta atlántica.

  1. mariacm di:

    É un artigo moi interesante e completo. É unha dieta da cal a xente pouco sabe e está ben que alguén nos fale e se interese por ela. Bo traballo!
    María e Laura

Deixa unha resposta