Superbacterias: un risco real

Cando unha bacteria porta varios xenes de resistencia dá lugar a unha superbacteria. Con xenes de resistencia referímonos á resistencia antibiótica, isto é, a capacidade dun organismo para resistir os efectos dun antibiótico. As bacterias poden adquirir a resistencia a un antibiótico de dúas formas: por mutación: A súa información xenética pode cambiar de forma espontánea e ese cambio pode proporcinarlle a capacidade de sobrevivir ante un antibiótico. Ou tamén por intercambio de xenes, entre variantes ou bacterias: Isto permite que se un tipo de bacteria adquiriu a resistencia a un antibiótico poida pasarlle esa información a outra bacteria.

Aquí tedes algúns exemplos dos danos que causan as superbacterias:

  • O “Staphylococcus aureus” (bacteria que causa a neumonía) resistente á meticilina afecta a 90.000 persoas e produce 19.000 mortes anuais en EEUU; e en España son afectados 17.000 persoas anualmente.
  • A “Mycobacterium tuberculosis” (bacteria que causa a tuberculose) resistente provoca 150.000 mortes ao ano e afecta a máis de medio millón de persoas.
  • Na UE morren 25.000 persoas polas superbacterias.

 

Actualmente isto é un problema de saúde pública mundial. Isto débese por un lado ao mal uso e abuso, coma a prescrición de antibióticos tanto excesiva coma insuficiente, a inobservancia das doses recomendadas e mas a venda indiscriminada destes fármacos. E por outro lado á utilización de antibióticos en plantas e noutros animais, os que nun principio estaban destinados á combater enfermidades infecciosas nas personas, utilízanse tamén para tratar infeccións en plantas e animais, ou se incorpora de forma rutineira na alimentación dos mesmos.

A xente, debido a isto, diminuíu o uso de forma innecesaria dos antibióticos, pero a resistencia das bacterias a eles continúa sendo unha das maiores ameazas da saúde mundial. Un membro do GTEIS (Grupo de Traballo de Enfermidades Infecciosas e Sepsis) chamado Miguel Sánchez argumenta que por un lado a xente non debe automedicarse e por outro lado que os médicos necesitan mellorar a indicación necesaria dos antibióticos. Tamén afirma que é recomendable realizar un cultivo previo para saber se se trata dun virus ou dunha bacteria antes de receitar ningún antibiótico.


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Superbacterias: un risco real

  1. albats di:

    Pareceume moi interesante este artigo. Primeiro, gústoume porque case non hai información deste tema, non se fala moito del nas noticias nin xornais, polo que paréceme moi acertado dedicarlle un espazo no noso blog. O post está moi ben explicado, con información clara e actualizada. Eu, xunto ca miña compañeira, tratei un pouco o tema da resistencia ós antibióticos nunha das nosas entradas; pero de ningunha maneira era quen de imaxinarme a magnitude deste problema. Especialmente, destaco o vídeo: ver que existen exemplos reais fai conectar moito máis co tema e móstranos que non está tan lonxe da nosa realidade, polo que pareceume moi acertado poñelo aquí. En definitiva, un excelente aporte ao blog!

  2. javierrc di:

    Ao meu compañeiro Xabier Cacheda más a min gustounos atopar información sobre este traballo xa que non dispoñíamos de esta para informarnos, sendo as bacterias algo co que debemos ter moito coidado.

Deixa unha resposta