“Galicia é unha das rexións con maior esperanza, mellor calidade de vida e máis número de persoas maiores de Europa e a tendencia é que este fenómeno siga en aumento” explica José Carlos Millán, catedrático de Xerontoloxía Clínica e Social da UDC, director do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da mesma entidade e presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
De feito, na actualidade a idade media de esperanza de vida en Galicia sobrepasa os 82 anos. Concretamente 79 anos para os homes e 85´8 para as mulleres. O maior índice de Europa tras o francés que é de 83 anos de media.
Para iso é necesario “coñecer as pautas que garanticen a calidade de vida na vellez” e sobre todo, ” os factores de risco en xeriatría”, como a hipertensión arterial, diabetes, malnutrición e o alcoholismo, así como ” os estilos de vida”, que eviten o tabaquismo, a vida sedentaria, o illamento, as malas dietas e os recursos económicos baixos.
Seu principal obxectivo é a prevención, a potenciación da autonomía persoal e evitar o deterioro cognitivo.
- PROXECION DO IGE. Neste sentido, a última proxección da poboación realizada por o Instituto Nacional de Estadística ( IGE) elaborada para mediados de este século XXI ( concretamente para o ano 2051), calcula que os galegos maiores de 65 anos representarán un 31% do total da poboación da comunidade, tendo en conta o escenario máis favorable. No caso de que confluan os peores factores para favorecer o escenario de maior envellecemento, a proporción de xubilación alcanzará o 41% da poboación total.
——————–
- En Galicia hoxe é común que en todas as parroquias haxa centenarios, é dicir, de momento este reparto sale a un por cada tres parroquias, pero de seguir así, esta progresión nun par de décadas haberáos en todas.
A última noticia que temos sobre centenarios en Galicia encóntrase no municipio lucense de Sober, xa que conta con nove persoas centenarias, o que supón un elevado porcentaxe para un municipio que non chega aos dous mil cincocentos habitantes. Esta porcentaxe é similar a de outros municipios de Ribeira Sacra.
Un de cada catro centenarios en Galicia son mulleres.
– Unha das causas de que haxa tantos, sobre todo mulleres, crése que é debido á emigración, os homes marchaban en busca de traballo e as mulleres quedaban aquí.
– Outra causa é que teñen una capacidade para sobrepoñerse, aceptar e superar as adversidades, desgracias, etc. Con unha fortaleza extraordinaria.
– O factor principal que explica unha maior lonxevidade, explícase debido á xenética, xa que moitas persoas sufriron moitas penalidades e falta de alimentación.