O cocido é un plato típico de España pero principalmente en Galicia, na cal destacamos o noso cocido, o Cocido de Lalín, ó cal se lle adica anualmente unha festa normalmente o domingo antes do entroido.
Nutrientes do cocido:
Hidratos de carbono |
Graxas |
Proteínas |
Vitaminas |
Minerais |
Grelos, Patacas. |
Unto, Cacheira, Lacón, Rabo, Costelas, Linguas, Unllas, Orellas e Fociños salgados, Touciño, Galiña, Chourizos, Tenreira. |
Cacheira, Lacón, Rabo, Costelas, Linguas, Unllas, Orellas e Fociños salgados, Touciño, Galiña, Chourizos, Tenreira, Garavanzos. |
Grelos, Patacas, Cacheira, Lacón, Rabo, Costelas, Linguas, Unllas, Orellas e Fociños salgados, Touciño, Galiña, Chourizos, Tenreira. |
Grelos, Patacas, Garavanzos. |
O Cocido de Lalín debido aos ingredientes contén tanto hidratos de carbono, como graxas, proteínas, vitaminas e minerais. Pero como leva moita carne, contén un alto nivel de graxas que en exceso poden ser perxudiciais para a saúde, xa que isto pode provocar colesterol e obstruír as arterias de xeito que nos pode producir diferentes Enfermidades Cardiovasculares (ECV). Se ao cocido tamén lle engadimos os tradicionais postres como as filloas, orellas, rosquillas, etc., estámoslle engadindo á nosa alimentación unha gran cantidade de azucres.
Na nosa opinión, para ir ben alimentados o cocido debería conter menos graxas e máis minerais e vitaminas vexetais para ter unha dieta máis equilibrada.
Este artículo pareceme moir interesante,xa que o cocido é algo propio da nosa terra e penso que é importante para a nosa saúde e o noso benestar coñecer como afecta ao noso metabolismo e o saudable que é ou non..O cocido algunha vez que outra está ben,pero penso que non debe de convertirse en algo habitual.
Este foi un dos post que máis me gustou. Primeiro, paréceme moi boa idea falar de algo tan noso como é o cocido: moita xente pensa que é sinxelamente unha festa, pero son moitas as persoas que consumen cocido na súa rutina diaria. Por isto, penso que é importante investigar e dar a coñecer que comemos neste prato. Sorprendeu bastante a cantidade de graxas animais que se chegan a inxerir, xa que sempre pensei que serían moito maiores as porcentaxes de vitaminas vexetais. Se a isto, como ben din as compañeiras, lle sumamos o postre… Parece que o cocido non é o máis apropiado. Quizais voto en falta algúns enlaces máis, especialmente, nos tipos de vitaminas e minerais, pero tódolos xeitos, gran traballo!
Pareceme interesante analizar unha comida típica de aquí xa que nos permite saber se e boa ou non e tamén como podemos mellorala saudablemente.
Como prato típico da nosa terra, o cocido leva moito tempo dentro das nosas tradicións culturais. Con todo, hoxe contamos cunha información sobre a importancia de cada un dos tipos de nutrientes para o correcto funcionamento do noso organismo que antes se descoñecía. Polo tanto, resulta imprescindible levar unha dieta equilibrada e non abusar dos ingredientes do cocido ricos en graxas, en especial se estas son saturadas. Ademais, débese inxerir as proporcións axeitadas destes, así como tamén de proteínas e hidratos. Reducindo as esaxeradas cantidades de alimentos hipercalóricos, incluídos os postres ricos en azucres que adoitan acompañar o cocido, a dieta galega verase beneficiada, e con ela, a nosa calidade de vida.
Moi bo traballo!
Laura e María José.
O meu compañeiro Martín máis eu pareceunos moi interesante este artigo, xa que,descoñeciamos que o cocido contiña tantas graxas animais procedentes do producto estrela, que é o porco. Ademáis este prato típico tamén se lle engade un suculento postre que contén unha gran concentración de azucre, pese a que na súa maioría son productos caseiros.
Dende o noso punto de vista, malía a ser un prato que só se come nunha determinada época do ano, cremos que debería levar menos graxas para así contribuír a unha dieta saudable.
A miña compañeira Claudia e máis eu pensamos que o artigo ten cousas boas, é claro e conciso (pode que demasiado) pero discrepamos dalgunhas cousas que aquí se expoñen. Non cremos que a tabla sexa correcta, xa que por exemplo, non consideramos a cacheira nin o chourizo como vitaminas (senón como proteínas ou graxas) nin os grelos como hidratos de carbono (senón como vitaminas/ minerais). Parécenos que o traballo é mellorable.
É tema interesante que nos achega información de un producto típico da nosa terra, pese a esto na nosa opinión a tabla está mal elaborada xa que non están ben colocados algúns alimentos.
Víctor e Gabriel.