De que está composto un cigarrillo?

Estímase que o 50% do cigarrillo está composto por follas de tabaco, o 30% por tabaco reconstruído e o 20% por tabaco expandido con dióxido de carbono. As follas de tabaco conteñen nicotina. A nicotina absórbese rapidamente e chega ao cerebro nuns 10 segundos, o cal explica o seu alto poder adictivo. Un cigarrillo contén máis ou menos 1 gramo de nicotina. O tabaco reconstruído está formado por unha mezcla de tallos moídos, polvillo de tabaco e tabaco recuperado ao que se lle engaden adictivos. Estímase que son máis de 600 os adictivos que contén.

O último informe de Ciruxán Xeral dos Estados Unidos estima que o fume do tabaco contén uns 7.000 compoñentes, dos cales case 70 son subtancias que producen cancro. O fume visible tan só representa o 5-8% do que se produce ao fumar un cigarrillo. O alquitrán é un residuo negro e pegañoso que contén miles de subtancias químicas que se desprenden no fume do cigarrillo, os seus restos quedan depositados no pulmón, obstruíndo os bronquios e afectando á respiración.


Os filtros, feitos de acetato de celulosa, reteñen parte do alquitrán e do fume antes de que estes cheguen aos pulmóns do fumador. Tamén arrefrían o fume e fano máis facilmente inhalable. Os filtros non son degradables e son a principal causa de basura no mundo. Un estudo realizado pola Universidade de San Luis mostra que os filtros conteñen altas concentracións de cadmio, un metal tóxico para a saúde.


 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

2 Responses to De que está composto un cigarrillo?

  1. mariajosegi di:

    Penso que o tema e a información que se trata no anterior post é moi interesante,e moito máis para a xuventude coma nós.É bo que estemos informados dos inconvintes que ten o tabaco,e así poder alertar,para non comezar a fumar,ou polo menos concienciar do problema e que cada vez menos xente se engache.

  2. mariacm di:

    Este artigo en si está ben, pero parécenos pouco interesante de que está composto un cigarrillo, sería de máis interese que se falase das consecuencias que esas substancias tóxicas teñen en nós.
    Laura e María

Deixa unha resposta