Como podemos ver no noso interior?

Poucas veces nos paramos a apreciar a gran vantaxe que é o feito de poder, mediante simples probas, botarlle unha ollada ós complexos mecanismos que nos forman, para ver que vai mal. Esta valiosa ferramenta da medicina deunos unha fiestra única para o diagnóstico seguro de enfermidades.

Ecografia dunha matrioska

Todo comezou co descubrimento dos Raios X no ano 1895. O científico Wilhelm Röntgen decatouse inmediatamente do seu potencial, xa que expoñendo ó noso corpo a esta radiación podemos observar as distintas partes do mesmo segundo deixen pasar estes raios. Estas “sombras” que deixan os osos e outros tecidos son en realidade o que podemos ver nas radiografías. Co paso do tempo esta técnica mellorouse, dando pé á TAC (Tomografía Axial Computadrizada), que segue o mesmo proceso pero dende moitos ángulos para reconstruír unha imaxe en 3D.

Pero tamén desenvolvemos máis métodos para mirar cara ó noso interior. A ecografía é unha alternativa que utiliza meras ondas de ultrasón para darnos esta imaxe interna. Consiste en analizar os ecos que devolven os órganos cando estas ondas de alta frequencia rebotan neles. Estas non teñen risco de causarnos dano, e polo tanto se poden utilizar, como todos sabemos, para comprobar o benestar dos bebés mentras medran no ventre materno. Outros usos pouco coñecidos son o de analizar diferentes tecidos para realizar diagnósticos, por exemplo, de cancro.

Ecografia de 12 semanas

A endoscopia é un procedemento médico que consiste na introducción dun endoscopio nun óso oco ou nunha cavidade corporal através dun oco natural, una lesión ou unha incisión quirúrxica. O endoscopio que introducimos é un aparato médico flexible con forma de tubo e que leva no seu extremo unha luz e unha cámara óptica. Dependedo de en que parte do corpo se realice a endoscopia esta pode ser denominada de diversas maneiras (colonoscopia, gastroscopia…). Unha das virtudes dos endoscopios é que se poden tomar fotos e transmitir video en directo, co que se pode observar e analizar interactivamente a lesión. Este procedemento axudou moito na prevención, diagnóstico e pronóstico de numerosas enfermidades.

Pero estas tecnoloxías de diagnóstico están lonxe de alcanzar o seu máximo. Nos últimos tempo vemos avances como un visualizador de veas, que utiliza luz infravermella para detectar e sinalar a posición destes vasos sanguíneos. Deste xeito, facilítase o tratamento de persoas con veas pouco visibles ou nenos nerviosos. Todos estes métodos finalmente fan máis sinxela e efectiva a labor dos médicos de coidar da nosa saúde causando as menores molestias posibles.


Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.