Os nenos galegos crecen máis ó ancho que o alto??

A OBESIDADE:

A obesidade é unha enfermidade caracterizada por unha acumulación de graxa neutra no texido adiposo, superior ao 20% do peso corporal dunha persoa independentemente da idade, a talla, ou o sexo debido a un balance enerxético positivo mantido durante un tempo prolongado. Segundo os datos publicados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) a prevalencia dista enfermidade, é cada vez maior. Ao igual que nos adultos, a obesidade infantil, require para o seu diagnóstico diversas probas complementarias. Un dos baremos máis empregados é o coñecido como índice de masa corporal, este toma como referencia o peso e a estatura da persoa.

A obesidade é un dos problemas de saúde pública máis graves do sigo XXI. O problema é mundial e está afectando progresivamente a moitos países de baixos e medianos ingresos, sobre todo no medio urbano. O sendentarismo e a mala alimentación provocan que cada vez se diagnostiquen máis casos de obesidade infantil. Os nenos obesos e con sobrepeso tenden a seguir sendo obesos na idade adulta, e teñen máis probabilidades de padecer a idades máis temperás enfermidades non transmisibles como a diabetes II e enfermidades cardiovasculares.

OBESIDADE EN GALICIA:

Galicia está á cabeza de España en canto a proporción de nenos obesos, case un 30% dos menores padecen obesidade, unha cifra superada só por países como Estados Unidos ou Reino Unido.

As claves para conseguir unha alimentacin saudable son:

  • A importancia de tomar 5 comidas ao día, da que dúas sexan tentempé.
  • Remprazar o ocio sedentario pola actividade física.
  • Deixar de lado as comidas rápidas mal elaboradas.
  • Reducir os fritos, e as graxas e comer cantidades menores.

A obesidade infantil en Galicia multiplicouse por catro nos últimos vinte anos. Segundo  a  Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas (AGDN), “O fenómeno obedece ó cambio de hábitos alimenticios, e do estilo de vida, cunha maior dependencia do coche”, ademais que “antes os nenos  xogaban máis nas rúas, tiñan máis actividade fisica, ou ían camiñando a todos os sitios”.

Os dietistas tamén apuntan “á incorporación da muller ó traballo como desencadeante da comida rápida e menos elaborada”.  Na nosa sociedade inflúe cada vez máis o “American  Way of Life” Os pais non paran para facer de comer  e recurren ó primeiro, con abuso de bolería industrial, graxas saturadas. Os especialistas non atopan razóns dese “bum” da obesidade infantil en Galicia noutros  climas fríos donde fan vida na casa non hai estes índices, isto só obedece a cambios de hábitos e hai que empezar pola prevención.

 

COMO PREVIR A OBESIDADE INFANTIL:

  • Servir racións adecuadas para a idade do neno.
  • Ter no fogar unha variedade de hortalizas, froitas e cereais integrais.
  • Escoller leite e produtos lácteos baixos en graxas.
  • Limitar o consumo de carnes roxas ou de derivados cárnicos.
  • Promover o consume de legumes e froitos secos.
  • Fomentar a actividade física.
  • A bebida de elección para calmar a sede debe ser a auga
  • Débese limitar o consumo de azucre, bolería e sobre todo bebidas azucaradas.
  • Restrinxir a non máis de dúas horas diarias o tempo que os nenos dedican a ver a televisión, a navegar na internet, ou xogar a videoxogos.

Según a Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas, unha boa alimentación empezará por un almorzo equilibrado “para un mellor rendemento físico e intelectual na escola”, froita pola vitamina C, minerais e fibra, lácteos polo calcio para o crecemento e cereais para a enerxía. Ó mediodía “Hai que comer de todo: verduras, proteínas como a carne e o pescado, pasta e patacas para a  enerxía”.

O problema radica na forma de cociñalas, “máis prancha e menos frito”. Os nenos non deben saltarse a merenda. A cea consistirá nun prato de verduras e proteínas, máis lixeiro có mediodía.

Para paliar esta enfermidade os expertos apostan por “máis bocadillos e menos darlle un euro para que compren chuches ou bollería industrial”.

CONSECUENCIAS:

Os nenos obesos xeralmente sofren burlas dos seus compañeiros. Algúns son perseguidos pola súa propia familia. Os estereotipos abondan e poden levar á baixa autoestima e á depresión.

 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.