Eu como, ti comes, ela come… Pero non como deberíamos.

Enfermidades e problemas de saúde como a obesidade, a anemia, a anorexia ou mesmo a depresión poden ser consecuencia dunha mala alimentación ou da falta dalgún nutriente. Alimentarse correctamente é unha preocupación cada día máis extendida. Non só preocupa aos estudosos, científicos e medios de comunicación, senón tamén a moitas persoas da sociedade que, no seu día a día, tentan levar unha boa alimentación. Sabemos como temos que alimentarnos?

Coñecemos como dieta equilibrada aquela que contén cantidades suficientes de calorías e nutrientes esenciais para o crecemento e desenrolo óptimo do organismo en cada etapa da vida. Aínda que cada persoa debe atopar a súa dieta máis axeitada, atendendo ás súas características fisiolóxicas e condicións de saúde, en todas debemos falar da variedade como un factor clave: os hidratos de carbono deben supoñer un 55-60% do aporte calórico total, as proteínas un 10-15% e as graxas non deben ocupar un porcentaxe maior do 30%.

A famosa dieta mediterránea é o principal exemplo dunha boa alimentación no noso país. Nesta abundan as legumes e froitos secos como antioxidantes, os peixes e productos lácteos como sustitutos ás carnes a graxas animais e, por último,  cobran gran protagonismo alimentos como o trigo e o olivo, típicos da zona xeográfica á que se asocia. Esta dieta reduce de xeito notable a probabilidade de ter enfermidades cardiovasculares ou de deterioro, así como o risco de padecer diabetes ou colesterol.

Malia ser un exemplo e referencia para outros países, en España estamos afastándonos diso que outros nos copian. Un estudo realizado polo Ministerio de Sanidade e Consumo español demosta que inxerimos un exceso de calorías, productos animais e sal; por outra banda, escasean os hidratos de carbono, productos lácteos, ferro e fibra. Así demostrouse que menos da metade dos españois manteñen unha dieta equilibrada. A situación é aínda máis agravante se reparamos na xuventude: os mozos e mozas non se alimentan como deberían. Neles o consumo de froitas, verduras, pastas e pescado é moito máis baixo ca nos seus maiores. Pero nos mozos e mozas, máis ca escaseza, preocupa o exceso: abusan da bollería, das carnes e, en especial, da comida rápida (como media, a xuventude española come fóra entre 2 e 8 veces ó mes). Por se isto non fose pouco, o alcohol e os refrescos atópanse entre os 5 primeiros productos máis mercados polos mozos, tendo un consumo maior que en EEUU ou Francia.

Todo isto, acompañado por un aumento no sedentarismo e a falta de horarios estables, acarrea problemas nas novas xeracións que van dende un abuso nos suplementos nutricionais ata un aumento na obesidade.

Nós decidimos, nós coidámonos, nós comemos.

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

One Response to Eu como, ti comes, ela come… Pero non como deberíamos.

  1. antiati di:

    Parécenos que se trata dun tema con maior importancia da que se lle aporta na sociedade actual; xa que non estamos a falar dun problema exclusivamente físico, senón que pode afectar á saúde mental, corporal e social.
    Estamos de acordo con todo o dito, e na nosa opninión, deberíase acostumar aos nenos e nenas dende a infancia a tomar unha dieta equilibrada sen exceso de kcal.

Deixa unha resposta