Perdes o peso ou perdes o tempo?

A obesidade é unha enfermidade crónica que se caracteriza pola acumulación excesiva de graxa ou hipertrofia xeral do tecido adiposo do corpo.

Para combatir este problema , cada vez son máis as persoas que botan man das dietas miragre.Con este termo referímonos a aquela que prometen una perda de peso rápido e con pouco esforzó, sen responder a ningún fundamento nutricional ou científico. Estas dietas conteñen unha escasa inxesta de enerxía, o que pode producir alteracións no metabolismo e levar a problemas de sobrepeso debido a unha alimentación desiquilibrada. Cando os pacentes  abandoan esta continenza, sofren o que se chama efecto yo-yo, é decir,  volven recuperar o peso perdido durante o réxime.

A dieta Dukan é a dieta miragre máis seguida últimamente. Consiste no consumo masivo de proteínas . Cando hai un exceso de proteínas  o corpo non ten a opción de almacenalas, de xeito que as elimina. Este proceso supón unhas conscuencias dañinas para o organismo:

1. Ao oxidar os aminoácidos das proteínas  para eliminalos, aumenta a concentración plasmática do amoníaco (NH4+), un metabolito tóxico que altera o pH e o volve ácido.

2. O organismo reacciona á toxicidade do amoníaco. Por un ladono fígado o composto transfórmase en urea e por outro ó ril non lle queda outra que aumenta-lo volumen de orina, retendo máis auga para poder eliminar este exceso de urea e amoníaco.

3. O amoníaco neutralízase tamén con fosfato cálcico, o que conleva un risco de descalificación ósea.

Esta dieta é moi popular entre os medios, xa que moitos famosos confían ou confiaron nela( Jennifer López, Gisele Bundchen, Nicole Kidman…). Isto pode ser tanto positivo como negativo : por unha banda leva a moita xente a seguir as accións dos seus ídolos, pero por outra, serve para que se expoñan os riscos de dita dieta, e ao mesmo tempo, de todas as dietas milagro.


 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

One Response to Perdes o peso ou perdes o tempo?

  1. albats di:

    Por desgrza, as “dietas milagro” son unha moda moi real na nosa sociedade. Penso que se debe concienciar á xente do risco que supoñen estas e da súa realidade: tal e como di o experto no vídeo, poden ter verdades, pero tamén moitas mentiras. Neste caso, paréceme moi importante falar e dar a coñecer os problemas de saúde que poden acarrear os malos recursos alimenticios así como dar outras opcións avaliadas por expertos, tal e como fixeron as nosas compañeiras, polo que paréceme moi bo traballo pola súa parte.

Deixa unha resposta