Gripe A: Risco real ou negocio?

A gripe A é unha enfermidade vírica que deriva de catro subtipos de virus, un de gripe humana, outro de gripe aviara e dous de gripe porcina.

Como pode un virus animal infectar unha persoa?

Para que un virus da gripe aviar dea o salto que lle permita infectar as persoas, deben producirse cambios nas moléculas da súa envoltura que lle permitan unirse aos receptores das nosas células e pasar ao seu interior. Isto pode ocurrir de dúas formas:

1.Un virus da gripe humana intercambia parte dos seus xenes cun virus da gripe aviar e, como resultado, orixínase un novo virus con varios xenes humanos e outros aviares. Para que isto suceda, os dous virus, o da gripe humana e o da aviaria, teñen que infectar xuntos ao mesmo hospedeiro (como o porco ou unha ave doméstica). Este novo virus probablemente, necesitará poucos cambios para adaptarse por completo ás persoas xa que parte da súa información xenética procede de virus humanos.

2.Un virus da gripe aviaria adquiere a capacidade de introducirse directamente nas persoas, tras a adaptación deste virus en humanos ou noutro hospedeiro intermedio. É moi posible que este virus se reproduza con dificultade no corpo humán e que non poida propagarse de persoa en persoa, pero se coincide cun virus da gripe humana poden intercambiar xenes. Dese modo pode xurdir un novo virus capaz de reproducirse con eficacia e transmitirse entre persoas.

 

Reprodución dos virus:

O virus da gripe caracterízase porque a información xenética está distribuida en oito pequenas moléculas de ARN e  a envoltura leva ancoradas dous tipos de moléculas que definen os distintos tipos de virus, H (hemaglutinina) e N (neuramidasa), que se combinan de diferente maneira cada ano, por iso a vacina dun ano non sirve para a cepa do seguinte e hai que desenvolver unha nova.

A reprodución do virus podémola observar na seguinte foto:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A pesar de que a gripe A causa unhas 250.000  mortes ao ano, (estas mortes normalmente prodúcense en persoas anciás ou en persoas con algunha outra enfermidade) non é un virus tan perigroso como o da gripe normal, xa que, esta causa unhas 500.000 mortes ao ano, á cal a sanidade non lle dá tanta importancia.

Porque houbo tanta alarma pola gripe A?

A gripe A pasou de animais a persoas mediante o segundo método de contaxio explicado anteriormente, é dicir adquirindo a capacidade de introducirse directamente en persoas. Cando no 2009 se detactaron os primeiros casos de contaxio, os medios de comunicación informaron exhaustivamente sobre a súa expansión por diversos países do mundo, polo que se comenzou a ter medo de que chegase a ser unha pandemia mundial, a cal acabaría causando tantas ou máis mortes que a gripe española.

A consecuencia disto a farmacéutica trasnacional Roche, creou o médicamento Tamiflú, o cal se vendía en caixas a prezos elevados (50 dólares). Debido ó medo que infundaron as noticias, esta farmacéutica non se preocupou da eficacia do medicamento e sacouno á venta  prohibíndolle a outras farmacéuticas sacar un medicamento parecido. A maioria dos países, levados polo medo á enfermidade, compraron grandes cantidades de Tamiflú mentras que a empresa obtiña grandes beneficios  sen lle importar nin a eficacia do medicamente nin as consecuencias do seu coste.

Polo tanto, despois de estudar o caso da gripe A, podemos chegar a conclusión de que sí  é  un risco porque existe a posibilidade de que se repita a pandemia da gripe española, pero foi máis un negocio porque a pesar de que non é unha enfermidade letal déuselle demasiada importancia convertíndoa nun negocio, especialmente para a farmacéutica transnacional Roche.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta