Ao falar de malaria ou paludismo referímonos ao mesmo trastorno debilitante. Este é producido por un parasito do xénero Plasmodium que se cre que procede dos gorilas da zona occidental e foi transmitido ó ser humano, especificamente en China ao redor do ano 2.700 a.C
O seu contaxio prodúcese pola picada da femia de variedades de mosquitos hospedadores do axente parasitario. Os seus síntomas iniciais van dende as dores de cabeza ata a fatiga, febre e náuseas; mais os de caracter crónico tamén inclúen anemia, debilitamento funcional do corpo, hemorraxias e infartos concurrentes.
Actualmente o continente máis afectado polo patóxeno é Africa, onde se rexistran o 90% de mortes totais por malaria, que, segundo a OMS, corresponde a unha cada 30 segundos. En segundo lugar sitúase Suramérica.
Con todo, España sufríu unha situación crítica xa que, ata mediados do século XX esta enfermidade era endémica no país e chegaron a rexistrarse 1307 mortes debido a ela. Houbo que agardar ata o ano 1964 para recibir o certificado de erradicación. Incluso, en vista da necesidade de intervir, o réxime franquista tomou medidas no ano 1956, cando decidiron desecar a Lagoa de Antela situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. O motivo: Reducir un ambiente propicio para a reproducción dos mosquitos, e polo tanto, do paludismo.
Actualmente crese que o cambio climático, podería facer proliferar de novo este axente tan mortífero na península Ibérica. Esta situación hoxe en día preocupa a unha gran cantidade de científicos no mundo, pois a enfermidade non quedaría limitada ás fronteiras das nacións subdesenvolvidas. A temperatura do noso planeta atópase en continuo aumento e, aínda que pareza incribre, o seu ascenso produce un incremento no número de mosquitos portadores do patóxeno. Así, a medida que os termómetros ascenden, os vectores da infección avanzan cara os territorios onde non está presente a malaria.
Hoxe en día, a malaria constitúe unha tráxica realidade coa que os países de poucos recursos deben lidiar. O 25 de abril conmemórase o Día Mundial do Paludismo a modo de solidaridade cos que día a día lle fan fronte.
Afortunadamente, as nacións que contan con servizos de hixiene e prestan unha mellor calidade de vida ós seus habitantes, xa non o vemos como unha preocupación. Aínda así, non debemos olvidar a pegada que deixou esta enfermidade na historia do noso país, como tampouco baixar a garda ante o cambio que está a experimentar o clima.
Trátase dun artigo moi completo e interesante, xa que descoñecíamos a maioría destes datos, como que pode aparecer en España e os graves problemas que isto podería causar.
Na nosa opinión, deberíase facer todo o posible para impedir que esta enfermidade chegue a nós,a pesar de que non sexa fácil pola actual situación do quecemento da Terra. E sen esquecerse doutros países como África (nos que resulta abraiante o número de mortes) aos que se debería axudar máis para reducir ese preocupante índice de mortalidade.