A policía do corpo

Podemos dicir que os linfocitos son a policía do noso corpo, porque encárganse de arrestar ós intrusos dañinos (patóxenos como virus,bacterias,etc.) que poden provocarnos unha enfermidade.

Os linfocitos son un tipo de glóbulos brancos que forman parte do sistema inmunitario dos vertebrados e encárganse de producir anticorpos ou expulsar substancias citotóxicas ou reguladoras, segundo os casos.

 

 

 

 

 

<Imaxe linfocito: nesta imaxe pódese observar un glóbulo branco expulsando anticorpos.

 

 

 

 

<Imaxe anticorpos, creada por ordenador. Os anticorpos son as formas amarelas e os virus son as esferas de cor verde.

 

 

Existen tres tipos de linfocitos os linfocitos “T”,”B” e “Células NK”

  • Os linfocitos tipo B orixínanse e maduran na medula ósea nos mamíferos, nas aves maduran nas bolsas de Fabricio de onde proven o nome. A súa función é a produción de anticorpos que se unirán aos antíxenos estranos que invadan o organismo.
  • Os linfocitos tipo T orixínanse na medula ósea e maduran no Timo de onde provén o nome. Outra maneira de nomealos é “timocitos” e interveñen na defensa a nivel celular, secretando substancias regulatorias citotóxicas. A súa misión é activar e regular o funcionamento do sistema inmunitario e matar células que poden ser do propio corpo pero infectadas con antíxenos estraños. Dentro dos linfocitos T existen dous tipos: linfocitos T colaboradores e os linfocitos T citotóxicos
  • As células NK son células asasinas naturais e forman parte do sistema inmunitario innato atacando a células infectadas por virus ou tumorais, liberando substancias citotóxicas. Recoñecen as células que deben destruír cando detectan cambios nos antíxenos MHC-I de ditas células.

 

CARACTERÍSTICAS

Os linfocitos normais teñen un núcleo grande e denso e un citoplasma pequeno. O tamaño do núcleo e igual ca un glóbulo vermello, 7 micróns.

Vídeo Explicativo sistema inmunolóxico

Feito e radactado por Laura Saavedra

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

One Response to A policía do corpo

  1. belenfl di:

    Resulta interesante saber os procesos que se levan a cabo no noso corpo para combater as enfermidades pero quizais deberías dar algo máis de información sobre como afectan as substancias citotóxicas aos axentes patóxenos.

Deixa unha resposta