A gripe española do 18

A gripe española ou gripe do 1918 foi unha grave pandemia de gripe que afectou sobretodo a nenos e anciáns. É considerada a pandemia máis devastadora da historia, xa que en só un ano povocou a morte de entre 50 e 100 millóns de persoas. Este suceso foi escurecido polos eventos da Primeira Guerra, a cal fixo que a poboación non estivese debidamente enterada.

Análise do virus.

O 5 de outubro de 2003, o científico Tauberbenger xunto aos seus colaboradores puideron determinar a secuencia xenómica do virus, a partir do tecido pulmonar dunha víctima atopada nun poblado esquimal de Alaska. Entón sóubose que o virus de 1918 non tiña ningún tipo de xen humano senón que era aviar, aínda que tiña 25 mutacións que lle permitiron adaptarse ó ser humano.

Esta gripe tiña un índice de contaxio do 50% e os seus síntomas era capaces de matar a unha persoa facilmente, o cal fixo que a enfermidade se estendese por todo o mundo en cuestión de semanas.

Por que se chamou gripe española?

Aínda que o primeiro paciente rexistrouse en Kansas, esta pandemia foi denominada gripe española debido a que este país foi dos poucos que non participou na Primeira Guerra Mundial, polo tanto, a súa cobertura informativa con respecto á gripe foi moito maior ca no resto do mundo, que buscaba ocultar esta información para non desmoralizar a poboación en guerra.

O virus hoxe en día.

Despois de que Tauberbenger resucitase o virus, en 2003, realizáronse numerosas probas que demostraron que o virus aínda era efectivo e seguía infectando individuos e causando a súa morte. Por iso, o virus atópase almacenado en Atlanta dentro de un laboratorio de bioseguridade.


Acerca de carmenediego

son pelirroxo e moi guapi
Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

3 Responses to A gripe española do 18

  1. claudiapr di:

    Eu e a miña compañeira Aldara cremos que este artigo é moi interesante xa que dá información sobre unha enfermidade que por ser de principios de século non se sabía moito dela. E é curioso saber que este virus se atopa almacenado en Atlanta, incluso asusta.

  2. belenfl di:

    Á miña compañeira Noelia e a min chamounos especialmente a atención como os sucesos bélicos poden afectar tanto á humanidade, incluso pondo en risco a sanidade dun país.
    En canto á disposición do artigo, resulta moi clarificador xa que explica de maneira sinxela unha realidade da que a maoiría non tiñamos idea.

  3. mariajosegi di:

    A verdade é que non sabía porqué se lle puxo de nome “gripe española” a esta pandemia e pareceme impactante,pero o que aínda mo parece máis é que siga sendo efectivo hoxe en día,e que se encontre baixo un almacén con seguridade en Atlanta,soa un pouco a película de acción,non?Sen dúbida,algo impresionante.

Deixa unha resposta