A dieta mediterránea consiste nun estilo de vida baseado nunha alimentación equilibrada e variada, na que predominan elementos obtidos dos cultivos tradicionais desta zona xeográfica: o trigo, olivo e a vide.
Foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade en novembro do ano 2010, en España, Grecia, Italia e Marruecos.
Algúns dos alimentos que forman parte desta dieta variada son: pan e pasta como principal fonte de hidratos de carbono; aceite de oliva como fonte de graxa; verdura, froita, froitos secos e legumes, que aportan fibra e antioxidantes; o peixe, produtos lácteos e ovos, que aportan proteínas, no lugar de carnes e graxas animais; por último, o viño en cantidades moderadas. Todo isto, acompañado duns hábitos de vida saudables.
Beneficios:
Este tipo de dieta consta de alimentos saudables propios dos países mediterráneos. Utilízanse produtos como o aceite de oliva, rico en ácidos graxos monoinsaturados, que reducen o colesterol; o consumo de pescado, sobre todo o azul, rico en ácidos graxos; e finalmente, o consumo moderado de viño tinto, asociado a un efecto cardioprotector. A pesar de consumir máis graxas que os Estados Unidos, a probabilidade de ter enfermidades cardiovasculares é moito menor, xa que neste tipo de dieta, se consomen produtos ricos en ácidos graxos monoinsaturados.
Esta dieta tamén está asociada cun menor risco de enfermidades de deterioro, como a demencia e o Alzheimer.
Atribúese a esta alimentación, unha menor probabilidade de obesidade abdonimal, evitando así diabetes, hipertensión, infarto ou acidente cerebrovascular.
Por último, mellora o desarrollo embrionario e fetal e reduce problemas de infertilidade.
Dato curioso:
Ancel Benjamin Keys, coñecido no mundo pola súa contribución do efecto da dieta sobre as enfermidades cardiovasculares, predicou o seu exemplo levando esta dieta á práctica, o que fixo que morrera no 2004, aos 100 anos de idade.
Exemplo de Dieta Mediterránea:
-Almorzo: un café con leite, unha rebanda de pan con aceite de oliva, un vaso de zume de laranxa natural.
-Media mañá: unha peza de froita.
-Comida: Lentellas guisadas, albóndigas con chícharos e cenoria, amorodos con nata.
-Merenda: Queixo fresco con mel.
-Cea: Ensalada mixta, peixe ao forno con patacas asadas, un iogur natural ou de froitas.
A miña compañeira Marta e eu opinamos que é un bo artigo, con suficiente información e moi clara. Por outra parte, sempre está ben saber sobre outras dietas e sobre as súas vantaxas, para así poder incorporar alimentos de ditas dietas á nosa.
Este post gustoume moito. Moita xente, mesmo en España, non sabe que é nin en que consiste esta dieta e busca alternativas pouco saudables para adelgazar, sen ser conscientes dos riscos que produce isto. Por iso, paréceme imprescindible dar a coñecer este tipo de alimentación, que nace no noso territorio, como forma de vida sa. Por exemplo, eu non sabía como levar a cabo un menú de día completo baseado nesta dieta, polo que gustoume especialmente que o exemplificasen. Moi bo traballo!
Este artigo resulta interesante xa que nos leva a pensar no sinxelo que é levar unha dieta equilibrada comendo de todo, cando ultimamente se recurre tanto á comida basura. Por exemplo, o menú presentado resulta fácil de facer, económico e incluso sabroso. Todo isto, adaptándonos a unha dieta que inclúe todos os nutrientes necesarios na nosa dieta.