A Viruela (Varíola)

  • Que é a Viruela?

A Viruela foi unha enfermidade infecciosa, grave e contaxiosa causada pola Variola virus, que nalgúns casos podía causar a morte. Non houbo nunca tratamento especial para a Viruela e as únicas formas de prevención eran a inoculación ou a vacinación. A Viruela refírese ós abultamentos que aparecen na cara e no corpo dunha persoa infectada.

  • Sintomatoloxía da Viruela:

A Viruela tiña dúas formas clínicas, a maior, que era a máis grave e a máis común, provocaba febres máis altas e unha erupción máis estendida, a mortaldade era do 90%, e a Viruela menor, era un tipo menos común e tamén moito menos grave, xa que a súa taxa de mortaldade era do 1% ou menores. Transmítese por contacto directo cos afectados, así como a través de fluídos corporais e tamén a través de obxectos infectados como camas, etc.

  • Historia da Viruela:

Durante séculos foi devastadora para a poboación. Era unha enfermidade tan letal que nalgunhas culturas estaba prohibido poñerlle nome ós nenos ata que contraísen a enfermidade e sobreviviran a ela.

Na India críase que a Viruela debíase a unha bendición da Diosa Shitalá e cada vez que enfermaba unha persoa acudían a esta Diosa, aínda hoxe na India chámaselles ós bebés kumará ( “muerefacil” ).

A Viruela foi unha enfermidade devastadora na Europa do século XVII, debido a que se extendía de forma de epidemia matando e desfigurando a millóns de persoas debido a que a taxa de poboación Europea creceu de maneira desmesurada facendo máis fácil a propagación da enfermidade. Esta enfermidade tamén afectou ó resto dos continentes.

Durante miles de anos ocorreron ocasionalmente epidemias, pero despois dun exitoso programa de vacinación mundial logrouse a erradicación da enfermidade.

Esta enfermidade figura entre as máis devastadoras que xamais existían na historia da humanidade, por eso, a erradicación desta enfermidade era o obxectivo que perseguía a OMS, xa que na época de 1958-1959 afectaba a case dous millóns de persoas.

Na década de 1950 logrouse por primeira vez eliminar a Viruela do continente americano, debido a unha poderosa campaña de vacinación. Así é que o último caso de Viruela maior, foi detectado en 1975, e da menor en 1977. Pero debido á mala manipulación do virus nun laboratorio de Gran Bretaña, unha fotógrafa médica contraeu o virus e fina nese mesmo ano.

Oficialmente só se gardaron dúas mostras do virus, unha atopábase en EEUU  e a outra na Unión Soviética pero actualmente só queda unha mostra do virus en EEUU xa que a que gardaron en Gran Bretaña foi destruída para certificar que a Viruela está erradicada.

Aínda que o virus está erradicado segue sendo un perigo latente para a humanidade xa que se perdeu a inmunidade ao virus e tamén a memoria xenética. Ante un eventual escape deste virus do laboratorio, a vacinación mundial non sería o suficientemente rápida como para evitar a morte de centos de miles de persoas. Aínda que a partir do 2001 o goberno de EEUU tomou medidas para que existise suficientes vacinas para inmunizar á súa poboación.

Aínda que a Viruela só e protagonista dos libros de historia, hai unha pequena posibilidade de que volva amenazarnos como arma biolóxica.

  • Países onde se cre que se orixinou a Viruela:

Crese que foi na India ou en Exipto fai 3000 anos. A enfermidade extendeuse polas rutas de comercio de Asia, África e Europa e máis tarde a Ámerica.

Mostra de que chegou a Ámerica foi que provocou o declive do imperio Azteca, despois da chegada dos conquistadores españois que foron quen transportaron o virus con eles.



Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta