De que están feitos os pensos?

Os pensos ou pensos compostos son un alimento elaborado para animais que, segundo a normativa legal europea, están compostos por “calquera substancia ou produto, incluídos os aditivos, destinado á alimentación por vía oral dos animais, tanto se foi transformado enteira ou parcialmente como se non”. Pódense utilizar como alimento único, xa que están pensados para cubrir todas as necesidades do animal, pero tamén como alimento complementario a outros produtos da dieta.

Para a fabricación de pensos utilízanse materias primas como os cereais ou outros cultivos, substancias sintéticas como a urea, a cal os rumiantes poden utilizar para producir proteína, desfeitos da industria alimentaria como mondas de patacas e outros restos vexetais ou de orixe animal que non teñen saída para o consumo humano, graxas, aceites, glicerina e minerais. Tamén se utilizan outras fontes coma o o soro do leite (subproduto da fabricación do queixo), a fariña de lombriga, etc.

Antes da epidemia de encefalopatía espongiforme bovina, tamén coñecida como “enfermidade das vacas tolas”, alimentábase ás vacas con proteínas de orixe animal (incluso restos de vacas), pero actualmente, só se poden utilizar proteínas de orixe vexetal.

Elaboración do penso: Recepción de materias primas, almaceamento das materias primas, silo de espera, molturación, dosificación, mestura, granulación, acondicionador e empaque.


Todos os pensos deben pasar uns controis para evitar que sexan nocivos para o animal ou para os humanos que se alimentan dese animal ou dos seus produtos (leite, ovos…). Aínda que na última década saíron á luz varias noticias de contaminación dos pensos industriais, como o desmantelamento dunha rede que se dedicaba a mesturar fraudulentamente antibióticos nos pensos e distribuílos de maneira ilegal, o descubrimento de ADN de can en fariñas de pensos para animais de granxa e domésticos ou a clausuración de máis de 4700 granxas de Alemaña por contaminación de dioxinas nos pensos.

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

One Response to De que están feitos os pensos?

  1. mariacm di:

    Este artigo parécenos moi completo e interesante, porque infórmanos sobre algo que descoñeciamos totalmente como é a fabricación dos pensos, e sobre casos nos que está fabricación tivo consecuencias nocivas para os animais que se alimentaban deles.
    María e Laura.

Deixa unha resposta