Calendario de vacinación en Galicia

As vacinas son moi importantes, xa que nos axudan a prever enfermidades perigosas, e por iso son  recomendables aínda que moitos pais deciden non vacinar aos seus fillos por medo a que lle cause unha reacción alérxica ou efectos secundarios.

En Galicia, o calendario de vacinacións comprende entre os 0 meses e os 14 anos. Comézase aos 0 meses cunha dose contra a Hepatite B, da cal se reciben tres doses máis: aos dous meses, aos seis meses e aos doce anos. Tamén se dan doses de DTPa, que é unha vacina contra tres enfermidades distintas: A Difteria , o Tétano e a Tos Ferina ós dous, catro, seis, dezaoito meses e aos seis anos, aos catorce dase unha última dose pero só contra a Difteria e o Tétano. Ós dous, catro, seis e dezaoito meses vacinámonos contra a Haemophilus influenzae tipo B e tamén contra á Poliomielite. Danse tres doses contra a Meninxite aos dous, catro e dezaoito meses. Contra a Triple Vírica recíbense dúas doses aos quince meses e aos tres anos, esta  inclúe a vacina para o Xarampón, Parotidite e a Rubeola. Se non tivemos a Varicela correspóndenos vacinarnos contra ela aos doce anos. A última vacina das rapazas é aos catorce anos con tres doses contra o Papiloma Humano.

Noutras comunidades autónomas como por exemplo nas Illas Canarias, Murcia e nas Baleares  non se comeza a vacinar aos cero meses, e no País Vasco a primeira vacina é no primeiro mes contra a Tuberculose.

Na imaxe da dereita podemos observar un calendario de vacinacións de Galicia dos 80.

 


Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta