A gripe deste 2014

Polo que vai de 2014 xa temos datos sobre o actual número de persoas afectadas de media en España pola gripe, unha cifra alarmante de 90 de cada 100.000 persoas.

Que tipo de virus se está dando este 2014?

Según os boletíns epidemiolóxicos  da Organización Mundial da Saúde e autoridades nacionais, como o Instituto Carlos III, as cepas máis maioritarias este ano son do tipo A: H1N1 (o mesmo da pandemia de 2009) e H3N2. Aínda que isto pode cambiar según pasen as semanas, todo indica que o virus predominante será o A/H1N1 (mentres que o ano pasado, pola contra, foi unha cepa do tipo B).

A gripe en España

Según o Carlos III, o noso país ronda xa os 93 casos por 100.000 habitantes (moi por encima do umbral epidémico que se sitúa en 40 casos). A cifra é a habitual na estación de gripe, aínda que este pico de incidencia alcanzouse dúas semanas antes do habitual (que acostuma ser entre a última semana de xaneiro e a primeira de febreiro).


 

 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta