Medicamentos de marca: Son aqueles sintetizados por un laboratorio que é o encargado inicialmente da investigación dese medicamento, os estudios da eficacia, eficiencia…levan asociada unha patente que impide que calquera outra empresa farmacéutica poida sintetizar e comercializar ese producto durante aproximadamente 20 anos, incluíndo o tempo que se estudia ese medicamento e a súa comercialización. Leva escrito no envase o nome comercial e o principio activo.
Medicamentos xenéricos: Son aqueles que teñen a mesma composición cualitativa e cuantitativa nos principios activos e a mesma forma farmacéutica, cuxa bioequivalencia co medicamento de referencia que demostrou por estudios adecuados de biodisponibilidade Ademais é preciso que transcurriran dez anos dende que comenzou a comercializarse o medicamento de referencia (marca), demostrándose que é útil, non teñen efectos secundarios serios que motiven a súa retirada nin ningunha outra contraindicación para a súa síntese e comercialización como xenérico.
Presentan a vantaxe dunha ampla experiencia do uso na práctica clínica, dado que os seus principios activos levan moito tempo no mercado. Por todo iso un medicamento xenérico é:
- Eficaz.
- De confianza.
- De calidade.
- Seguro.
- Fácil de identificar.
- Supón un aforro para ó ciudadán e o Sistema Nacional de Saúde.
Medicamento de marca
Medicamento xénerico
Vos que pensades, un medicamento xenérico é menos eficaz que un de marca????
Aínda que é un bo traballo e os conceptos se atopan ben definidos, penso que se debería falar sobre a polémica existente hoxe en día con respecto ao consumo e recomendación de medicamentos xenéricos, e sobre as diferenzas de prezos existentes entre eles.