Hai vida en Europa?


Europa é un satélite xeolóxicamente activo que se atopa arredor de Xúpiter, o menor dos catro satélites Galileanos
así nomeados por seren descubertos por Galileo o 8 de xaneiro de 1610. Foi chamado así por unha das numerosas conquistas amorosas de Zeus na mitoloxía grega.

Neste astro, crese que pode existir vida. Está formado por unha capa de xeo e debaixo dela poderíase atopar todo un mar de auga salgada similar ao que existe nas profundidades dos océanos da Terra, cerca das chemineas hidrotermais (lugares onde existen condicións óptimas para a vida) ou no Lago Vostok, na Antártida. Un estudio demostrou que esta auga tería unha elevada concentración de osíxeno, incluso maior que nos nosos mares, suficiente para manter formas de vida complexas e non só microorganismos.

O descubrimento deste mar produciuse gracias á nave Galileo, que estivo en órbita dende 1995 a 2003. Despois deste gran descubrimento propuxéronse varias misións para investigar se existe vida en Europa pero de momento ningunha se levou a cabo.

Actualmente, algúns investigadores están desenvolvendo un novo plan para estudar o astro con máis detalle. A misión Europa-Jupiter System (EJSM) consistirá nunha nave que orbite Europa e outra que orbite Ganimedes (outra dos grandes satélites de Xúpiter), que tamén podería ter un océano líquido encerrado baixo una capa superficial xeada.

Aquí vos deixamos un vídeo dunha imaxinaria búsqueda de vida en Europa:

 

 


Agora vós diredes: Credes que hai vida en Europa?

 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.