Hai neandertais en Lalín?

O home de Neandertal (Homo neanderthalensis) era unha especie extinta que habitaba en Europa e partes de Asia occidental desde 230000 ata 28000 anos atrás. Tiñan un esquelete robusto, pelvis ancha, extremidades curtas, fronte baixa e inclinada, mandíbula sen mentón, gran capacidade

cranial ( 1550 cm³ ) e podía acadar  1.65 metros de altura. A súa expectativa de vida era de 40 anos nos homes e 30 nas mulleres. Vivían en grupos sociais organizados, formados por uns 30 membros que en xeral tiñan parentesco (clans), dominaban o lume e podían fabricar ferramentas rústicas con materiais como ósos e pedras. Tamén estaban ben adaptados ó frío extremo. Propuxéronse moitas explicacións para a súa extinción, a maioría relacionadas coa expansión do cromañon ( a nosa especie actual) pero a máis aceptada é que se extinguiron porque as condicións climáticas foron cambiando e non lograron sobrevivir a elas. O paleobotánico José Carrión de Universidade de Murcia apoia esta explicación con esta tese:

“El neandertal es un animal meridional, de bosque abierto o sabana (árboles grandes, arbolitos sueltos y hierba), no es un hombre de estepa. Siempre los han pintado en el norte de Europa, pero ellos se iban al norte cuando hacía calor; en los periodos glaciales estaban en el sur de España, el sur de Italia y la península grecobalcánica. Por su tecnología, posiblemente cazaban en grupos pequeños y al acecho, escondiéndose detrás de árboles y arbustos. Y ocurre algo inesperado: el paisaje se hace entonces muy abierto, muy estepario, con pocos arbustos, y el tipo de animales cambia. Pasa de una gran diversidad de fauna a otra menor pero muy grande: mamuts, bisontes, renos… animales que hay que cazar de otra manera, con proyectil o lanzando piedras a distancia. Y sus herramientas de caza son más pequeñas y lanzables, no pesan. La mejor tecnología para esa caza la tiene nuestra especie, los sapiens que vienen de la estepa asiática perfectamente adaptados. Pero todavía sobrevivió miles de años.”

Os Neandertais coexistiron durante un longo período de tempo cos Sapiens (uns 130 mil ano), a nosa especie actual.

Homo sapiens (del latín «homo», «home», e «sapiens», «sabio»). Pertencen á familia

Hominidae (homínidos).

A talla media actual entre os varons caucásicos (si crecen ben nutridos) hacia os 21 anos é de 1,75 m, a talla media das mulleres caucásicas en iguais condicións é de 1,62 m, e os pesos medios respectivos son de 75 kg e 61 kg respectivamente.

O proxecto do xenoma neandertal (Neanderthal genome project) é un proxecto de secuenciación anunciado conxuntamente en Xulio do 2006 polo Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva de Leipzig e a empresa dos Estados Unidos 454 Life Sciences.

Os resultados deste proxecto foron publicados na revista Science (no número de maio do 2010) e nela presentábase un borrador do xenoma neandertal basado no análise de 4 mil millóns de pares de bases de ADN dos Neandertais.

Os resultados revelaban que os Neandertais e os Sapiens cruzáronse fai entre 50.000 e 80.000 anos nalgún lugar de Oriente medio ou do Norte de África. Este estudo revela que entre o 1% e o 4% do noso ADN pertence ó Neandertal.

En conclusión: sí hai neandertais en Lalín ou polo menos descendentes deles. Todos levamos un neandertal dentro.

Vídeo:O que queda do neandertal en nos

 

 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta