O creacionismo, pode ser outra alternativa?

O creacionismo é o conxunto de crenzas, inspiradas en doutrinas relixiosas, según as cales o ser vivo e a Terra existen grazas a unha creación divina. Polo cal é un movemento antievolucionista. O creacionismo nace pola necesidade das persoas por explicar a súa chegada a este mundo.


Creacionismo frente a evolucionismo

-Creacionismo clásico.

Os creacionistas clásicos negan a teoría da evolución biolóxica e, especialmente, a referida coa humana. Por eso rechazan todas as probas científicas de fósiles, xenéticas, etc. Os creacionistas clásicos sosteñen que a creación do mundo, os seres vivos e o cataclismo universal é unha obra de Deus.

-Creacionismo contemporáneo.

Ou tamén chamado creacionismo “científico” intenta explicarse dende o mesmo punto de vista clásico pero a partir dos descubrimentos e disciplinas pertencentes as ciencias naturales. Aínda así non segue método científico e non logra reunir as características dunha teoría científica. Por outra banda este tipo de creacionístas trata de destruír as teorías evolucionistas. Por decilo de algunha maneira.

Conclusión.

Se ben é certo que o creacionísmo naceu pola necesidade de explicar a nosa existencia nalgun momento da historia foi usando case para controlarnos xa que en epocas antigas o poder era da igrexa. Se un cura dicía que iba a suceder un cataclísmo se as persoas non facían algo, todos cambiaban e facían o que dicía o cura debido a ingnorancia. Hoxe en día ao noso parecer está claro que nós non fumos creados por Deus porque non hai unha explicación lóxica, pola contra as teorías evolucionistas si que se demostraron.


Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to O creacionismo, pode ser outra alternativa?

  1. juanjosegg di:

    A verdade gústame o artigo pero non estou de acordo con que as teorías evolucionistas se demostraran. Ninguén dubida hoxe que a evolución sexa un feito, pero si se debate a maneira en que se producíu, así que pódese dicir que aínda quedan moitas pezas deste gran rompecabezas, falamos dunha ciencia…aberta. Cando digo que aínda non se demostraron, é por que a partir das teorías de Lammark e Darwin apareceu o “Saltacionismo” (Stephen Gould e Niels Eldredge) ou a teoría “Evo – Devo”, esta última apoia a 1ª, e quen sabe se surxirán outras máis adiante. Para rematar, estou totalmente de acordo en que a nosa base para estudar a evolución ten que estar na ciencia e que o creacionismo non é máis que o camiño fácil para os que non queren ver a realidade e tamén o camiño a respostas valeiras.

Deixa unha resposta