O catastrofismo de Cuvier.

O catastrofismo é unha hipótese formulada por Georges Cuvier que explica que os cambios xeolóxicos e biolóxicos producidos no planeta Terra debíanse non a cambios graduais, senón a cambios repentinos e violentos, as catástrofes (que dan nome á teoría).

Cuvier consideraba que as especies foran creadas simultaneamente por un acto sobrenatural ou divino e que, unha vez creadas, mantivéronse fixas e inmutables (o que se coñece como “fixismo“, que era o pensamento predominante na época). Cría que a Terra tiña unha historia moi breve (que se formara en segundos) pero, á vez, estaba impresionado polos enormes cambios que ocurriran nun pasado. Entón volveuse empezar a creer no catastrofismo: As catástrofes naturais (movementos da Terra ou inundacións) eliminaban especies e moldeaban a superficie da Terra e, cando isto pasaba, novas especies emerxían).

Esta teoría mantivose vixente ata que se demostrou que os camb¡os ocurridos na superficie terrestre eran cambios lentos e prolongados.

Un breve resumo da vida de Cuvier tédelo no seguinte vídeo:


 

 

Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta