Atapuerca: unha porta ao pasado.

Atapuerca está situada no norte de Ibeas de Juarros na provincia de Burgos (Castilla e León) que foi declarado Espazo de Interese Natural e Patrimonio da Humanidade, debido ao seu gran valor arqueolóxico e paleontolóxico. Os xacementos Gran Dolina, a Galería e a Sima do Elefante atopáronse cando se estaban construíndo unhas vías para un ferrocarril  mineiro nesta zona.

No 1964 Francisco Jordá Cerdá iniciou as primeiras escavacións pero non sería ata oito anos despois cando un grupo de espeleólogos descubriron a chamada Galería do Sílex que contén restos de rituais funerarios e pintadas da Idade do Bronce.

Nove anos despois, comezaron as once escavacións do Portalón da Cova Maior.

No 1976 atópanse restos humanos nun xacemento da serra burgalesa: a Sima dos Ósos. Catro anos despois inícianse as escavacións na Galería.

Na década dos 90 a dirección pasa a Juan Luis Arsuaga, José María Bermúdez de CastroEudald Carbonell, e desde entón atoparon as ferramentas máis primitivas na base da Gran Dolina e ao pouco tempo varios cráneos na Sima dos Ósos. Nos anos 1994 e 1995 atopáronse restos fósiles datados de 800.000 anos de antigüidade, o que demostra a presenza da especie humana en Europa moito antes do que se pensaba. Demostrouse mediante uns estudos realizados das marcas destes ósos, que había rituais de canibalismo. Neste ano tamén se inician as escavacións na Sima do Elefante. No 1997 defínese unha nova especie humana, o Homo Antecessor e un ano despois atopáronse restos do Homo Heidelbergensis. Tempo despois empezan as escavacións na Cova o mirador que recibiu a clasificación de Patrimonio da Humanidade, á vez que na Sima do Elefante se atopaban restos que databan dun millón de anos, e retómanse as escavacións no Portalón da Cova Maior.

Na actualidade séguese traballando nestes restos e hai uns días, atopouse nun fémur o ADN humano máis antigo da historia que data duns 400.000 anos de idade.


 

Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta