As Lágrimas de San Lourenzo, reciben este nome porque dise que son as bágoas deste santo, xa que o seu día de maior actividade é o 11 de agosto, véspera do día de San Lourenzo, son unha choiva de meteoros de actividade alta. Outro mito é o de pedir un desexo por cada estrela fugaz ou bágoa de San Lourenzo, para este mito tamén nos remontamos ao deste santo porque se di que a súa última plegaria foi que se fixera realidade cada desexo que se pide ao ver unha estrela fugaz. Polo xeral o seu período de actividade sitúase entre o 16 de xullo e o 24 de agosto. Son meteoros que radian da constelación de Perseo, por iso son tamén coñecidas como Perseidas. O seu descubrimento ocorreu no 36 d.C. O cometa 109P/Swift-Tuttle , con un diámetro de 9,7km, aproxímase á Terra cada 135 anos, a última vez foi en 1992. O 2013 foi un bo ano para a súa observación, xa que a lúa estivo en fase crecente , pero ocultouse ás 12 da noite, permitindo así unha total escuridade o resto da noite.
Parece algo interesante pero que se lle da un nome que non ten case nada que ver solo o dia no que se produce ese fenomeno.
Gustoume moito este artigo. A verdade é que me pareceu moi interesante, xa que descoñecía o tema. Creo que o artigo é curto pero está bastante completo e a min serviume para aprender algo novo, e iso sempre está ben. O vídeo tamén creo que está moi ben escollido. Bo traballo compañeiras.
Pareceme unha entrada moi interesante porque nos, que non temos uns coñecementos específicos de astroloxía, podemos aprender datos interesantes sobre este tema e podenos axudar as ligazóns a resolver dúbidas.
Este é un artigo bastante ben redacto e con bastante información sobre o tema, o cal é interesante e agora cando volva ver estas estrelas fugaces xa sabrei máis sobre elas.
Un artigo que me gusou moito, breve e con moita información. A verdade é que non sabía o que eran as lágrimas de San Lourenzo e aprendín bastantes cousas sobre as estrelas.
É un artigo bastante completo e interesante.Resultounos curioso o tema tratado xa que é algo que descoñeciamos.
Con todo pareceunos excesivo o número de enlaces do artigo,puidestes haber ampliado vos a información.
Eu e a miña compañeira Julia opinamos que está moi ben redactado mais cremos que falta un pouco de información. Gustounos moito o video que escolliches xa que é moi orixinal. É un tema interesante de ler porque non é moi coñecido para nós.
Con todo isto queremos chegar a conclusión de que é un traballo ben feito.
Saúdos!
A verdade é que o tema desta pequena entrada é moi interesante, pero en realidade o artigo non está ben estructurado nin ben expresado e debería estar máis traballado, xa que sobre este tema poderíase afondar máis.
Bo artigo, conciso! Poderíades falar de por que ocorre a chuvia de meteoritos sempre na mesma epoca do ano, pero en xeral está ben estruturado.
Esta entrada pareceume realmente interesante. Sinceramente, non coñecía nada deste tema e nunca me fixara neste “fenómeno”. Gustoume moito.
Resultoume interesante,xa que,é por todos coñecido o que son as bágoas de San Lourenzo pero non tanto a súa orixe.
É un artigo que me parece moi interesante. Non sabía nada sobre as lagrimas de San Lourenzo e este artigo axudoume moito. O video tamén está moi ben.