O radiotelescopio e o espazo profundo.

O radiotelescopio é un dispositivo utilizado para captar ondas de radio provintes de corpos celestes. Moitos destes corpos ( púlsars e  galaxias activas) emiten radiacións de radiofrecuencia. O estudo de todas estas radiacións denomínase radioastronomía.

Hai numerosos radiotelescopios por todo o mundo, como o RATAN-600 en Rusia, o Arecibo en Porto Rico ou outro moi coñencido o Very Large Array en Novo México. O máis grande ata a actualidade é o RATAN-600 ruso que consta de 895 reflectores rectangulares dispostos nun círculo de 576 metros de diámetro.

Isto está relacionado a súa vez co espazo profundo, xa que, grazas a esta rama da astronomía, é posible ver corpos e situacións que non son posibles de detectar coa astronomía óptica, é dicir, podemos coñecer algo do espazo profundo.

O espazo profundo é un termo que se emprega para referirse aos obxectos astronómicos máis débilmente visibles a grandes distancias da Terra como cúmulos estelares, nebulosas ( pódeas haber de varios tipos) e galaxias.


 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.