Cal é o centro do Universo?

Ao longo da historia, déronse dous grupos de modelos sobre a ubicación do centro do universo, o xeocéntrico e o heliocéntrico.
O primeiro en buscarlle resposta a esta gran pregunta foi Aristóteles, quen dicía que a Terra atopábase no centro e que todos os corpos celestes xiraban ao seu redor. Logo, Ptolomeo, creou un modelo semellante ao de Aristóteles, pero a diferenza deste, Ptolomeo preocupábase de que o modelo funcionara dende o punto de vista matemático, e menos en que describira con precisión o movemento planetario. Todo isto difundindo un punto de vista xeocéntrico sobre a Terra, pero 14 séculos despois, as cousas cambiaron radicalmente, cando o filósofo Aristarco de Samos elaborou outro modelo recoñecido máis adiante por Copérnico, no que se dicía que a Terra e os demáis planetas xiraban ao redor do Sol, o cal permanecía inmóbil.
O telescopio construído por Galileo Galilei alá por 1610, foi testemuña de grandes descubrimentos como os cráteres da lúa, estrelas non vistas ata entón, satélites de Xúpiter… Todo isto apoiándose no antigo modelo de Copérnico.

(Pulsar imaxe)

A partir disto, unha serie de astrónomos foron descubrindo gran cantidade de fenómenos e astros, diversas teorías como a lei da gravitación universal, etc. Con isto chegouse á conclusión de que nin a Terra nin o Sol son o centro do Universo.

Pero actualmente, cal se cre que é o centro do Universo? Existe resposta a dita pregunta?

Algúns investigadores seguen afirmando que a Terra é o centro do Universo. Mais outros non están dacordo con iso e defenden outra teoría: non existe centro do Universo, xa que o universo podería ser infinito, que sentido ten falar do centro dun lugar infinitamente grande e que aínda se segue expandido? É dicir,  nun universo en expansión, non ten sentido falar dun centro xeométrico.

 

 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.