O cambio climático relacionado coas catástrofes en Galicia

O cambio climático xa está afectando en Galicia, detectouse un incremento da temperatura media de 1.5 grados nos últimos 30 anos.
Pero non só se quenta a terra, o mar tamén. Dende 1960, a temperatura da auga en Galicia subeu case un grado. Este efecto pode poñer en perigo unha das nosas principais fontes de riquezas, as Rías.

Os desastres naturais do 2009 provocaron 55 millóns de danos, unha cifra record en Galicia.

Nin o “furacán Hortensia” que varreu a península noroeste en outubro de 1984, nin a terrible inundación de barro e cinzas que cubría gran parte de Galicia tras 2006 polo lume. O maior desastre natural da historia recente na nosa Comunidade foi o ciclón Klaus, unha tempestade tropical que sorprendeu ata aos meteorólogos e que adquiriu grande intensidade en terra firme en Galicia na noite do 23 de xaneiro de 2009.

Despois do inverno deste ano 2013, marcado por inundacións, que reapareceron con forzas a pasada primaveira, a Xunta quere estar preparada para posibles riadas futuras.


O verán de 2006 será difícil de esquecer, no noroeste español, Galicia queimada por todas as partes, queimáronse entre 80 e 90 mil hectáreas, segundo a valoración máis conservadoras, que son progresivas, o que supón máis da metade da superficie queimada en España ese ano.

“Os desastres ecolóxicos non son xeralmente culpa dos políticos, independentemente do partido que sexan, e por máis que se usan para tratar de desacreditar o adversario. O papel dos políticos é relevante na xestión das crises, e tanto para o masivo derramamento de petróleo como no caso do lume de agosto do ano pasado, o saldo non pode ser negativo.”

O cambio climántico é un dos peores desastres ambientais da nosa historia e por elo TODOS temos que poñer o noso gran de area.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

One Response to O cambio climático relacionado coas catástrofes en Galicia

  1. aurorapi di:

    A información posta no comentario é interesante, moita xa sae nos medios de comunicacions pero hai outras que non. O video está ben pero estaría mellor se fose de menos minutos.

Deixa unha resposta