Efecto invernadoiro: Unha dura realidade


¿Quen non oíu falar do Efecto invernadoiro da Terra e dos seus efectos? Os expertos afirman que desde comezos do século a temperatura foise incrementando en 0,5 graos centígrados como consecuencia da continua emisión de gases á atmosfera o que provoca o xa popular “efecto invernadoiro”: a radiación infravermella do sol quédase retida no ambiente debido ao exceso de gases (vapor de auga, CO2 e metano) ocasionando un quecemento da superficie terrestre e da parte inferior da atmosfera.

Por exemplo, se un cidadán norteamericano provoca polos seus altos niveis de consumo a emisión de cinco toneladas de CO2 á atmosfera cada ano, os rexistros dun europeo ou un xaponés varían entre dúas e tres toneladas, respectivamente, polas 0,6 toneladas dun chino e as 0,2 toneladas CO2 dun hindú. Asimismo, as últimas medicións reflexan que máis do 90% do dióxido de carbono presente na atmosfera procede de Europa e USA.

As actividades humanas comúns, como a queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas) e a deforestación dos montes convertíronse nas principais causas da emisión a atmósfera de dióxido  de carbono (CO2), o gas máis perigoso para a xeneración do efecto invernadoiro. Segundo especialistas, a producción enerxética  provoca, a nivel mundial, a maior queima de fósiles, aínda que con diferenza entre uns países e outros, pero manténdose á cabeza os EE.UU. e Europa.

 

Deforestación, unha das causas do efecto invernadoiro

Fai poucos anos púidose probar que a deforestación é unha das maiores causas da emisión de dióxido de carbono e metano á atmosfera e que esta situación agrábase progresivamente coa rápida desaparición das selvas tropicais (proceso ocurrido anteriormente cos montes dos países desenvoltos). O problema radica no esencial problema que desempeñan estas grandes masas de materia vexetal, ao equilibrar a cantidade de CO2 na atmosfera, a modo de sumidoiros do carbono.

Segundo informes de Greenpeace, a Terra perde cada ano 11,2 millóns de hectáreas de monte virxe, unha superficie parecida á extensión que suma Andalucía e a Comunidade  Valenciana. Advirten que só queda vivo o 22% dos montes orixinarios do planeta e que o ritmo de destrucción do planeta segue sendo moi superior ao de recuperación: cada dous segundos pérdese unha superficie de monte equivalente a un campo de futbol. Os montes seguen baixo á ameaza de diversas frontes (a industria madeireira, a expansión agrícola, a chuvia ácida…) que inflúen negativamente na capacidade de absorción dos montes do exceso de CO2. Se as actuais extensións de monte no mundo non son suficientes para deter a progresiva acumulación de CO2, todo cabe sinalar que a situación agrabarase nun futuro debido a continua destrucción de masa boscosa que, para ben ser, debería  aumentar de forma significativa para combater o problema.

Outros factores negativos para o efecto invernadoiro son o metano (a agricultura, a silvicultura intensiva e a deforestación favorecen a súa emisión), a minería de carbón, os escapes de gas en gasoconductos, os clorurofluorocarbonados (CFC) e os seus derivados  procedentes maiormente da industria.

O quecemento será continuo

Os especialistas estiman que se a tendencia continúa como ata agora, entre os anos 2030 e 2050 a atmosfera conterá o dobre de gases invernadoiro que a mediados do século pasado. Segundo os climatólogos, esto provocará que o quecemento da Terra aumente a súa temperatura nunha media de entre 1,5 e 4,5 grados centígrados, en función das zonas. No trópico, por exemplo, aínda que este quecemento será leve, prevese que haberá alteracións importantes na cantidade e na frecuencia das chuvias.

Nesta liña, os científicos do Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático demostraron que se non se pon remedio inmediatamente, a Terra encamíñase a un período de cambio rápido e continuo do clima, caracterizado por un quecemento global. De feito, o mínimo aumento de temperatura do planeta, de 1,5 a 2 grados centígrados, que se calcula no escenario máis optimista, traería consigo, segundo estos expertos, unha suba do nivel do mar e a conseguinte desaparición de ecosistemas costeiros. Ademais, as reservas de auga doce verianse seriamente afectadas, alteraríase a pesca e aumentarían algunhas enfermidades. En definitiva, todos os habitantes do planeta sufrirían estas consecuencias negativas, especialmente quenes viven nos territorios vulnerables pola escaseza de recursos naturais.

A concienciación dos gobernos

A pesar da falla de vontade política dos gobernos para enfrontarse á problemática do clima, os especialistas  cren que os países industrializados atopanse  nunha boa posición para reducir as súas emisións de CO2. Os gobernos aínda consideran á enerxía renovable como unha anécdota, xa que entre estes países o 74% da financiación pública para a investigación e desenrolo durante os últimos doce anos destinouse aos combustibles fósiles e á enerxía nuclear. Pese á falla de inversión, xa se demostrou que as enerxías renovables son viables. En zonas dos EE.UU.  a enerxía eólica suministra enerxía suficiente para manter unha cidade do tamaño de San Francisco.

No ano 1992 o Grupo das Nacións Unidas para a Investigación e Desenrolo da enerxía solar estimou que o 50% do suministro enerxético a nivel planetario podería chegar de fontes renovables e economicamente viables para o ano 2050. As fontes máis importantes serían a solar, eólica, hidráulica, xeotérmica e biomasa.

 

Que podemos facer os consumidores?

–      Reducir o uso do noso vehículo e cambialo por unha bicicleta ou pola simple acción de camiñar. Se iso non fose posible, sería sabio usar o transporte público, compartir vehículo ou comprar un coche que produzca menos contaminación.

–      Elexir os produtos  que menos enerxía comsuman e que menos contaminen para o noso fogar (bombillas, lavadoras…).

–      Utilizar na medida do posible enerxías alternativas e renovables como a eólica, a solar…

–      Intentar mellorar a eficiencia tanto no consumo como no gasto de enerxía.

–      Potenciar o desenvolvemento e a investigación da tecnoloxía que nos poida axudar neste ámbito.

–      Non deforestar os montes e realizar un maior cuidado da natureza.

–      Reciclar, apagar as luces, non deixar electrodomésticos acesos ou enchufados se non se usan, baixar a temperatura da calefacción…

E un sen fín de cousas que podemos facer sen traballo ningún, só consiste en coller os hábitos correctos e concienciarse. Sería convinte nas próximas décadas non ter que chegar a unha situación similar á das grandes guerras mundiais.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

One Response to Efecto invernadoiro: Unha dura realidade

  1. Pingback: Día Mundial da Eficiencia Enerxética | Blog Guia

Deixa unha resposta