Alimentos transxénicos: Son bos ou malos?

 

Os alimentos transxénicos proveñen de organismos vivos nos que se introduciron artificialmente modificacións na súa información xenética. Isto lévase a cabo mediante distintas técnicas dependendo do organismo que se queira modificar. Unha das máis habituais é a utilización de vectores víricos e bacterianos. Neste contexto, un vector é un organismo vivo que engade os xenes que codifican as características para introducir no organismo receptor, e que é quen de integralos no material xenético deste. En teoría, o organismo receptor terá unha característica introducida, pero na práctica os xenes que se integran fano nunha proporción moi baixa.

A pesar do debate e das diferentes posicions a cerca destes alimentos o que si é certo son os numerosos riscos que teñen. A continuación cito os máis importantes.

Riscos dos alimentos transxénicos:

  1. – A expansión dos cultivos transxénicos ameaza a diversidade xenética pola simplificación dos sistemas de cultivos e a promoción da erosión xenética.
  2. – A potencial transferencia de xenes de cultivos resistentes a herbicidas, a variedades bravas ou plantas semidomésticas emparentadas poden crear “supermalezas”.
  3. – Pódense crear novas razas patóxenas de bacteria por recombinación.
  4. – As pragas de insectos desenvolverán rapidamente resistencia aos cultivos transxénicos que produzan os seus propios pesticidas.
  5. – Aparición de efectos tóxicos ou alérxicos.
  6. – A recombinación de vectores xerará novas cepas virulentas, especialmente en plantas manipuladas para resistencia de virus mediante xenes variables.
  7. – Difusión, a través dos vectores, de resistencia aos antibióticos entre as bacterias intestinais e os patóxenos.
  8. – Infección de células polos vectores despois de inxerir alimentos transxénicos. O vector pode rexenerar virus de enfermidades ou insertarse no xenoma das células, interrompendo as funcións dos xenes e provocando cancro.

Hai xente que os defende e outra que esta en contra aquí van as opinións .

Defensores

  • Os científicos e enxeñeiros xenéticos aseguran que o contido nutricional dos alimentos transxénicos é de maior calidade, polo que o risco de alerxias a determinados alimentos diminúe e o metabolismo mellora. Afirman tamén que estes alimentos  logranse sen alterar as cualidades beneficiosas do produto.

Outros defenden o tema argumentando que:

  • Os alimentos transxénicos  non provocaron nin una soa morte nin unha soa alerxia en humanos tras máis de 20 anos no mercado. Estes alimentos son sometidos a maiores controis sanitarios que os alimentos que proveñen de cultivos tradicionais ou ecoloxicos, polo que a súa salubridade está aínda máis garantida.
  • Os transxénicos poderían contribuír a un descenso nos prezos dos alimentos e paliar gran parte da fame do mundo se se legalizasen en todos os países, xa que posúen unha maior resistencia á seca ,pragas, salinidade etc., polo que teñen un índice de producción de alimentos por hectárea bastante maior á dos cultivos tradicionais.

Opositores

  • Os grupos dos opositores deste tipo de alimentos están formados principalmente por ecoloxistas, asociacións de dereitos do consumidor, científicos e políticos. Estes buscan que se etiqueten estes alimentos por diferentes motivos: uns pola súa preocupación sobre a seguridade alimenticia, outros pola dependencia económica, polo seu impacto ambiental etc. Xurdiron en varios países do mundo e baséanse en:
  • Ameazas para a saúde, como a resistencia aos antibióticos, xa que moitas plantas transxénicas conteñen un xen de resistencia aos antibióticos, que se utiliza como unha marca de secuencia xenética que permite verificar que porcentaxe da manipulacion xenética funcionou e canto fallou.
  • Novas alerxias, xa que a maioría dos transxénicos conteñen xenes de virus,bacterias,bolboretas, escorpións etc. e estase a experimentar con xenes de vaca en plantas de soia, con xenes de couza en mazas e ata con xenes de rata en leitugas. Estes alimentos estraños á dieta dunha persoa poderían aumentar os riscos de presentar novas alerxias, principalmente en nenos e bebés.

A continuación enseñovos un vídeo no que fala algo destes alimentos:


 

Esta entrada foi publicada en Xenética. Garda o enlace permanente.