Presentación Novos Materiais.

Novos materiais.

Publicado en Materia CCMCO | Deixa un comentario

Presentación: O Futuro da Terra

O Futuro da Terra

Publicado en Cambio climático, Materia CCMCO | Deixa un comentario

Presentación Cambio climático

Prezi

Publicado en Cambio climático, Materia CCMCO | Deixa un comentario

Os materiais

 

Prezi

 

Publicado en Enerxía, Materia CCMCO | Deixa un comentario

Presentación Catástrofes

As Catástrofes

Publicado en Cambio climático, Materia CCMCO | Deixa un comentario

Os avances tecnolóxicos do s.XXI

 

O século XXI, iniciado no ano 2001 e que prosegue ata os nosos días, é caracterizado como a época dos avances , en todos os campos imaxinables, e da expansión da dixitalización. Do mesmo xeito, tamén se trata da época da información porque estes medios de transmisión  teñen unha gran importancia na sociedade contemporánea xa que exerce unha gran presión sobre todos nós.

Algúns dos fitos máis salientables desta nova era son os tecnolóxicos, como o emprego de teléfonos móbiles, internet de banda ancha, a aparición de redes sociais, etc; estes cambios son os máis importantes da primeira década dos nosos días, sen embargo nesta segunda comezan a aparecer moitas e rompedoras ideas; observemos algún exemplo:

  • Próteses biónicas: trátase dun novo tipo de próteses que , mediante unha conexión ao cerebro, permite que o individuo poida realizar movementos completamente naturais como se se tratase do seu membro orixinal.
  • Baterías de aluminio para móbiles: encontrámonos co perfecto substituto das actuais batería para móbiles de ión-litio, xa que estas desfrutan dunha gran rapidez de carga, o que lles permitirá cargarse totalmente en pouco máis de un minuto, así disporían dun maior ciclo de carga, é dicir que podremos empregala máis veces que unha convencional, proporcionando aos consumidores unha gran vantaxe á hora de ter o seu teléfono portátil totalmente cargado a todas horas.
  • As TIC na sanidade: as Tecnoloxías da Información e da Comunicación permitirían un gran avance en sectores estratéxicos como o da sanidade. Deste xeito, dentro de uns cantos anos, non precisaremos ir ata a consulta do médico fisicamente, xa que co avance da tecnoloxía, podremos asistir á consulta virtualmente, o que facilitaría a axuda médica a moitos lugares , e países, con dificultades de acceso.
  • IA (intelixencia artificial): entendemos por Intelixencia Artificial aqueles instrumentos , que feitos polos seres humanos, posúen un certo nivel de intelixencia, que a miúdo aplicamos aos computadores, aínda que tamén se lle pode aplicar ás distintas máquinas creadas á imaxe e semellanza do home.
  • Coches Eléctricos: trátase dun tipo de vehículos especialmente adaptados para funcionar cun motor totalmente eléctrico, desta maneira, pódese axudar ao medio ambiente pois non precisa de ningún tipo de combustible para funcionar, todo o contrario, só precisa dun cable conectado á rede eléctrica para volver a recargarse e proseguir co camiño. Moitas marcas de automóbiles clásicos estanse adicando ao desenvolvemento deste novo tipo de autos para ofrecer aos consumidores un xeito menos contaminante de transporte.

tic na sanidade

Finalmente, podemos concluír que nesta década e media do s.XXI os avances tecnolóxicos que realizaron alguns investigadores , como aqueles que mencionamos anteriormente,  poden axudar notablemente ao desenvolvemento de certas necesidades básicas en lugares remotos, facilitar a vida a persoas con certas discapacidades ou enfermidades, ou simplemente por mera comodidade; desta maneira avanzamos para obter , supostamente, unha mellor sociedade.

Deixámosvos un vídeo onde poderedes visualizar algúns dos inventos mellor calificados deste ano 2015:

 

 

 

 

Neste enlace poderedes botarlle un ollo a un artigo sobre as baterías de aluminio para teléfonos móbiles e tabletas:

http://es.gizmodo.com/llegan-las-baterias-de-ion-aluminio-seguras-duraderas-1696028108

Publicado en Evolución | Deixa un comentario

Intolerancia á lactosa?

As alerxias alimentarias e as intolerancias alimentarias poden cursar con síntomas similares, pero trátase de dúas acepcións que difiren considerablemente entre si. As intolerancias alimentarias, como a intolerancia á lactosa e a enfermidade celíaca, poden facer que unha persoa se atope mal. Pero as alerxias alimentarias, non só poden facer que alguén se atope mal senón que poden ocasionar reaccións de risco fatal.

Unha alerxia alimentaria ocorre cando o sistema inmunitario do organismo, que normalmente loita contra as infeccións, interpreta que determinado alimento é un invasor. Isto provoca unha resposta desproporcionada por parte do sistema inmunitario: a reacción alérxica, na cal o organismo libera unha serie de substancias químicas, como a histamina. Esta reacción pode ocasionar síntomas como: problemas respiratorios, opresión de garganta, tos, rouquén, vómitos, dor de estómago, urticaria, inflamación ou disminución da tensión arterial.

Unha persoa afectada por unha alerxia alimentaria debe evitar por completo o alimento problemático e levar sempre enriba un inxectable de adrenalina (epinefrina).

Contrariamente, moitas persoas que padecen intolerancia alimentaria poden inxerir cantidades reducidas dos alimentos problemáticos sen problemas.

Por unha parte, a intolerancia á lactosa (azucre do leite),que é un disacárido formado por unha molécula de glucosa e outra de galactosa. Esta é moi común e afecta ao 75% da poboación en todo o mundo. Ademais, existen certos grupos étnicos máis propensos a padecer esta afección.


Por outra parte, a intolerancia á lactosa pode ser hereditaria (primaria), cando se produce unha deficiencia de lactasa, que se herda de forma recesiva, isto é, é necesaria a presenza de dúas copias dun xen anormal para padecer o transtorno. Este tipo de intolerancia, maniféstase fundamentalmente nos adolescentes, aínda que pode aparecer antes dos sete anos, xa que a inxesta de leite é vital durante a infancia.

Tamén pode ser adquirida ( secundaria ), cando está presente no momento do nacemento. Ten a súa orixe nun dano da mucosa intestinal ou nunha redución da superficie de absorción. É habitual en nenos prematuros. Os síntomas evidéncianse coa inxesta de leite, e consisten en diarrea acuosa, dor abdominal e irritabilidade, e resólvense ó suprimir a lactosa da dieta.

Como consecuencia, poden aparecer varios síntomas:

  • Náuseas
  • Inchazón abdominal
  • Dor abdominal
  • Gases
  • Diarrea
  • Pérdida de peso

Non obstante, para diagnosticar se padecemos intolerancia á lactosa existen varios métodos, aínda que o máis frecuente é eliminar a lactosa da dieta e comprobar se os síntomas desaparecen.

  • Test de intolerancia á lactosa
  • Test respiratorio de hidróxeno
  • Test de acidez en deposicións
  • Biopsia intestinal
  • Diagnóstico diferencial para evitar confusións entre padecer intolerancia á lactosa ou síndrome do intestino irritable.

Non obter leite na alimentación pode levar a unha carencia de calcio, vitamina D, riboflavina e proteína. Un precisa de 1,000 a 1,500 mg de calcio cada día, dependendo da súa idade e sexo. Algunhas medidas que podemos tomar para obter máis calcio na dieta son:

  • Tomar suplementos de calcio con vitamina D. (Fale co médico respecto a cales escoller).
  • Comer alimentos que teñan máis calcio: verduras de folla, ostras, sardiñas, salmón en conserva, camaróns e brócoli).
  • Beber zume de laranxa que conteña calcio agregado.

En conclusión, o máis importante é que se percibes a intolerancia, acudas ao médico, xa que el pódeche facer unha serie de probas para diagnosticar este padecemento e tratalo. Posteriormente, o nutriólogo prepararache unha dieta adecuada. Si xa dispós dun diagnóstico podes ver que ahora no mercado hai unha gran variedade de productos adecuados a esta enfermidade.

Publicado en Enfermidades, Materia CCMCO | Deixa un comentario

A manipulación de ADN en embrións

O primeiro paso foi do Reino Unido, logo de aprobar o pasado mes de febreiro unha técnica de reprodución asistida baseada na utilización do ADN de tres persoas (con óvulos de dúas mulleres e o esperma dun home) para evitar que ningún bebé naza con enfermidades transmisibles, sobre todo aquelas incurables como o síndrome X fráxil, unha enfermidade xenética rara.

Agora, un equipo de científicos españois liderados por Juan Carlos Izpisúa dende o Instituto Salk en La Jolla en California (EEUU) descubriu un modo alternativo para non ter que utilizar ADN de tres persoas co obxecto de eliminar as enfermidades mitocondriais (aquelas que se transmiten unicamente por vía materna e que o conforman unhas 150 patoloxías tremendamente devastadoras para o organismo). A nova técnica elimina os xenes alterados directamente no embrión ou incluso no propio óvulo antes de ser fecundado.

Esta edición xenética borra o debate ético que si apuntaba á técnica de reprodución asistida do Reino Unido polo feito de contar con ADN de alguén máis que non fosen os futuros pais. Pero, a pesar de eliminar este debate ético en concreto, abre un novo: a posibilidade de poñer en práctica o “ADN á carta”. Esta demostración confirmada de que se pode cambiar o material xenético dunha persoa non so nos levaría a correxir ou erradicar enfermidades transmisibles, senón que poderíamos conseguir que os bebés fosen máis altos, que tivesen os ollos azuis, que fosen máis intelixentes…co risco asociado que isto conleva.

Neste caso concreto os científicos non editaron o ADN nuclear; unicamente se borrou selectivamente o ADN mitocondrial mutado tanto en óvulos como en embrións de ratos, descubrindo que unha vez nacidas as crías, todas elas naceron ben. Como opera a técnica? Esta funciona como se se tratase dunhas tesoiras moleculares, empregando nucleasas que detectan o ADN alterado e que o cortan. O corte non elimina todas as copias mutadas, pero si as suficientes para asegurar unha descendencia sá.

Este descubrimento en medicina, que polo momento foi probado con éxito en ratos (o seguinte paso será probalo en seres humanos), foi publicado na revista Cell. A súa posta en práctica en humanos podería previr, antes de nacer, enfermidades hereditarias como o cáncer, a diabete ou as enfermidades neurodexenerativas.

Ás células humanas están formadas por un núcleo, onde reside algo máis do 99,8% do ADN, e un citoplasma que alberga unha serie de orgánulos, entre os que se atopan as mitocondrias portadoras de algo menos do 0,2% do ADN celular. É neste último onde se dan ás veces unha serie de cambios ou mutacións que se transmiten por vía materna e que poden derivar nunha enfermidade mitocondrial. Este tipo de patoloxías afectan a un de cada 5.000 nenos, aínda que se estima que unha de cada 200 mulleres podería ser portadora.

As enfermidades mitocondriais son devastadoras, pois danan o que se denomina a central enerxética da célula, é dicir, a mitocondria. Se esta non funciona ben, os órganos que máis enerxía necesitan, como o corazón, os músculos ou o cerebro, deterióranse de forma irreversible. Por iso, a maioría dos afectados morre no seu primeiro ano de vida. Non hai ningunha cura para estos pacientes. A única solución parcial ven dunha técnica, aprobada recentemente no Reino Unido, que consiste en utilizar a unha doante para lograr un embrión sen estas mutacións. Trátase de manipular o óvulo (fecundado ou non) dunha muller portadora deste problema. Ao óvulo da futura nai extráeselle o seu núcleo que se coloca no óvulo da donante ao que previamente se lle extraeu tamén o seu núcleo e que por tanto solo contén a súa envoltura (citoplasma).

Con isto, conséguese que o embrión porte o 99,8% do material xenético dos pais e un 0,2% do ADN presente no citoplasma da donante, cuxas mitocondrias non presentan alteracións. Por iso, esta técnica foi bautizada como a creadora de embrións de tres pais. Sen embargo, non está exenta de riscos. O primeiro ven pola excesiva manipulación celular que require e que só uns poucos laboratorios están o suficientemente preparados para facer. A segunda limitación é que, ao combinar ADN de distinta orixe, pode dar lugar a problemas nun futuro. Por último, está o debate ético moitos opóñense a incluír a unha segunda muller no proceso da concepción e o feito de que a técnica se poida facer cun óvulo fecundado que logo se tira é rexeitado por certos sectores da sociedade.

 

Posterembrión-nueve-semanas-e1370011778983]


Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A súa vida é tan valiosa para eles, como para nós a nosa.

Os animais transxénicos son os animais que foron modificados xenéticamente, engadindo xenes foráneos de maneira deliberada, para cambiar algunha característica do animal, sexa para engadirlle algunha funcionalidade ou para bloquear a expresión de algún xene. Temos gran cantidade de precendentes, como por exemplo a modificación dun mosquito en Brasil para reducir a súa poboación e así evitar a propagación da dengue.

Na imaxe móstrase a un gato modificado co xene da medusa.

gatoHai 20 anos, creouse o primeiro animal transxénico, un rato xigante, o cal se incorporou no seu xenoma a hormona de crecemento humana. Actualmente, existen ratas, polos, conexos, porcos, vacas, ovellas, cabras, codornices e peixes tránsxenicos, aínda que os que encontramos en maiores números son as ratas e ratos que representa un 95% do total.

Os alimentos transxénicos son aqueles aos que se lles insertaron xenes (exógenos) de outras plantas ou animais nos seus códigos xenéticos.

A enxeñaría xenética pódese facer con plantas, animais ou bacterias e outros microorganismos. Os humanos producimos cultivos e criamos animais para obter características desexables durante millóns de anos. Por exemplo, criamos cans dende poodles ata gran danés e rosas dende as miniaturas con olor doce ata as rosas vermellas que viven máis tempo pero que carecen de olor.

A cría selectiva con tempo creou amplas rosa-azul-61variacións, pero o proceso dependeu de que a natureza produxera o xene desexado. Os humanos entón elexirían aparear os animais ou plantas individuais que portaban ese xene particular, co fin de facer que as características fosen máis comúns ou máis pronunciadas.

Estivemos modificando xeneticamente plantas dende a década de 1990. A enxeñería xenética permite aos científicos acelerar o proceso pasando os xenes desexados dunha planta a outra u incluso dun animal a unha planta e viceversa.

Funcións.

Os posibles beneficios dos alimentos transxénicos inclúen:

  • Alimentos máis nutritivos e apetitosos.
  • plantas resistentes á sequía e ás enfermedades, que requiren menos recursos ambientais (como auga e fertilizante).
  • Diminución no uso de pesticidas.
  • Aumento no suministro de alimentos a un coste reducido e con unha maior vida útil.
  • Crecemento máis rápido en plantas e animais.
  • Alimentos con características máis desexables, coma patatas que absorben menos graxa ao fritilas.
  • Alimentos medicinais que se poderían utilizar como vacinas ou outros medicamentos.

Os riscos potenciais inclúen:

  • As plantas e os animais modificados poden ter cambios xenéticos inesperados e daniños.
  • Os organismos modificados pódense cruzar con organismos naturais. Isto pode levar á extinción do organismo orixinal ou outros efectos ambientais impredicibles.
  • As plantas poden ser menos resistentes a algunhas pragas e máis susceptibles a outras.


Publicado en Materia CCMCO, Xenética | Deixa un comentario

A REVOLUCIÓN XENÉTICA

 Desde a antigüidade o home modificou distintos vexetais para comelos. Pero a técnica máis avanzada, a enxeñaría xenética se estivo desenvolvendo desde hai poucos anos, e permite nun curto tempo e en forma controlada modificacións que antes custaban décadas de traballo.

Estas modificacións tiveron un inmediato impacto no aumento da vida comercial dos produtos, a resistencia a condicións ambientais máis agresivas, resistencia aos herbicidas máis fortes e na autodefensa contra pragas e insectos.

image001

O primeiro Organismo Xenéticamente Modificado (OXM) que foi producido masivamente foi o tomate Flavr Svr. Despois se comezou a modificar a soia, para facela máis resistente a herbicidas, e logo o millo para resistir algúns insectos.

Os opositores da manipulación xenética dos alimentos enuncian que esta atenta contra a saúdeda poboación. Estas voces de protesta baséanse na existenciade áreas con diversas dúbidas con respecto ao tema que a ciencia non publicou completamente. Hoxe en día coñécese moi pouco sobre este tipo de alimentos e os seus beneficios e prexuízos para a saúde das persoas. Neste traballo desvelaremos o que rodea aos alimentos transxénicos.

image004

QUE SON OS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS?

 Os alimentos transxénicos son aqueles organismos modificados xeneticamente para suprimir ou agregar unha característica co fin de obter mellores produtos. Todo isto mediante a manipulación do material xenético (ADN) que é onde se atopa a información necesaria para determinar a natureza dun organismo.

Existen dous grupos de alimentos transxénicos que son:

-Os de consumo (tomates, lácteos, papas,hortalizas).

-Os utilizados como materia prima para crear un novo alimento

image002image003

O ADN

O ácido desoxirribonucleico é unha molécula situada no núcleo da célula cuxa función principal é controlar os procesos vitais dos seres vivos. O ADN organízase en forma de cromosomas e contén o material xenético de todos os organismos celulares, tamén de a maioría dos virus. Á vez mantén a información necesaria para guiar a síntese de proteínas (produción de proteínas necesarias para o desenvolvemento da célula) e a replicación.

PRINCIPAIS PRODUTORES

A Empresa Multinacional Monsanto ten o 80% do mercado de as plantas transxénicas, seguida por Aventis co 7%, Syngenta antes Novartis co 5%, BASF co 5% e DuPont co 3%. Estas empresas tamén producen o 60% dos praguicidas e o 23% das sementes comerciais. A maioría de produtores de transxénicos atópanse en Estados Unidos.

PARA QUE SE PRODUCEN ALIMENTOS TRANSXÉNICOS?

Na actualidade estas empresas utilizan especies transxénicas con distintas finalidades:

-Autodefensa: Inseren información xenética para que os organismos repelan insectos.

-Tolerancia: Con encimas degradan herbicidas.

-Calidade: Aumentar a calidade organoléptica. É dicir a imaxe, cheiro, sabor e textura.

-Contido: Mellorar patróns de calidade e eliminar sustancias indesexables para a saúde.

RISCOS MEDIOAMBIENTAIS

Son moitos os riscos aparentes que nacen da manipulación xenética de alimentos, podemos nomear os seguintes:

Contaminación biolóxica: Temor a que as malezas que posúen vantaxes competitivas, por ser modificadas xeneticamente, desterren ás malezas de orixe natural.

-Creación de novos virus: Estes poderían intensificar enfermidades nos vexetais.

-Efectos adversos:consecuencia directa en ecosistemas e outras especies, por exemplo, nos insectos que non son praga.

image005

EFECTOS DOS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS NA NOSA SAÚDE

Os efectos dos alimentos transxénicos só poderan verse entre un mediando e longo prazo, con todo hai varias preocupacións polas potenciais ameazas para a saúde das persoas que poderían ser causadas por estes organismos modificados xeneticamente.

– Perigo de Alerxias: Os organismos modificados xeneticamente teñen un potencial de alerxia impredicible e imposible de dimensionar. A maioría dos alimentos transxénicos teñen xenes totalmente alleos á alimentación humana, como os xenes de virus e bacterias, os que aumentan o risco a presentar novas alerxias sen precedentes contra as cales non hai unha cura, especialmente nos nenos.

– Resistencia aos antibióticos: moitos alimentos transxénicos posúen un xene de resistencia aos antibióticos que a xente toma para combater enfermidades. Estes xenes mantéñense no vexetal ao longo de toda a súa vida e se chegasen a ser traspasados a axentes patóxenos, estes gañarían resistencia aos antibióticos, chegando a ser incontrolables.

Publicado en Materia CCMCO, Xenética | Deixa un comentario